Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 5065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2016 pola que se autoriza unha permuta de puntos de fondeadura entre os viveiros de cultivos mariños Quieto II e Quieto III.

Visto o expediente instruído para os efectos de outorgamento de autorización para a permuta de puntos de fondeadura entre bateas, apreciáronse os seguintes:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 24 de outubro de 2016, Servando Castro Otero (35228814-J) e José Castro Otero (76851520-X) solicitaron permiso para a permuta de puntos de fondeadura entre as bateas denominadas Quieto II e Quieto III.

Segundo. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a tramitación neste tipo de procedementos.

Terceiro. No expediente constan os informes técnicos das bateas.

b) Fundamentos de dereito.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro; coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, e coa disposición adicional sexta do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 18 de abril de 2001 pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeadura e os cambios de sistema, localización e cultivo nas bateas de cultivos mariños (DOG núm. 83).

Vistos os antecedentes citados, e de acordo cos fundamentos de dereito, esta consellería resolve outorgarlles a Servando Castro Otero (35228814-J) e José Castro Otero (76851520-X) autorización para a permuta de puntos de fondeadura entre as bateas que se indican:

Subtipo: batea.

Nome: Quieto II.

Especies: mexillón (Mytilus galloprovincialis)

Localización: cuadrícula nº 32.

Polígono: G.

Distrito: O Grove.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Titulares: Servando Castro Otero (35228814-J) e Dolores Naveiro Pérez (76849050-R).

Subtipo: batea.

Nome: Quieto III.

Especies: mexillón (M. galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 101.

Polígono: E.

Distrito: O Grove.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Titular: José Castro Otero (76851520-X).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Como consecuencia da permuta modifícanse as localizacións dos títulos habilitantes, que quedan como se indica:

Subtipo: batea.

Nome: Quieto II.

Localización: cuadrícula nº 101.

Polígono: E.

Distrito: O Grove.

Subtipo: batea.

Nome: Quieto III.

Localización: cuadrícula nº 32.

Polígono: G.

Distrito: O Grove.

Segunda. As bateas afectadas deberán adaptarse ás condicións dos polígonos de destino.

Terceira. A permuta realizarase no prazo máximo de 3 (tres) meses contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución. Rematado o prazo indicado para a realización da permuta sen que esta se levase a cabo, a autorización quedará sen efecto.

Cuarta. As bateas contarán coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia para o traslado á nova localización.

Quinta. As datas de fondeadura deberán ser comunicadas con antelación suficiente, mediante escrito dirixido á xefatura correspondente desta consellería en Vilagarcía de Arousa, para os efectos de que se realicen baixo a supervisión e o control de persoal técnico do Servizo de Busca, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 21 de novembro de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo