Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 5030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai pública a baixa por transformación por modificación do réxime xurídico da Asociación de Criadores de la Raza Porcina Celta (Asoporcel).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral, se depositou a baixa por transformación a causa da modificación do réxime xurídico da Asociación de Criadores de la Raza Porcina Celta (Asoporcel).

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego