Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 22 de decembro de 2016 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas Lérez II e Paco III.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Lérez II e Paco III, e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escritos do 23 de setembro de 2016, Javier Rodríguez Muñiz (35308358T) solicitou autorización para a transmisión das concesións administrativas e das bateas Lérez II e Paco III.

Segundo. O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características das bateas e da Subdirección Xeral de Acuicultura sobre a tramitación dos expedientes son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver os expedientes, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar e coa disposición adicional novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG número 239, do 16 de decembro), que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar (DOG número 221, do 19 de novembro), dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segundo. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Javier Rodríguez Muñiz (35308358T) e Yolanda Landín Lamas (44083160A), das concesións que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Lérez II.

Situación:

Cuadrícula número: 38.

Polígono: B.

Distrito: Portonovo (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividad.

Orde de outorgamento: 8.8.1962.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Ramón Manuel Rodríguez Cajide (35199294W) e Marina Muñiz Rial (35128790Q).

Novos titulares: Javier Rodríguez Muñiz (35308358T) e Yolanda Landín Lamas (44083160A).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Paco III.

Situación:

Cuadrícula número: 27.

Polígono: B.

Distrito: Portonovo (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividad.

Orde de outorgamento: 3.2.1955.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Ramón Manuel Rodríguez Cajide (35199294W) e Marina Muñiz Rial (35128790Q).

Novos titulares: Javier Rodríguez Muñiz (35308358T) e Yolanda Landín Lamas (44083160A).

Os novos titulares das concesións subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 22 de decembro de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo