Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2017 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, da subministración consistente na adquisición e posta en funcionamento de carretillas elevadoras e transpaletas para diversas lonxas pesqueiras de Galicia, ano 2017, cofinanciada pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) nun 75 % (expediente 4/2017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición e posta en funcionamento de carretillas elevadoras e transpaletas para diversas lonxas pesqueiras de Galicia, ano 2017.

c) División por lotes e número: si, 4 lotes:

Lote 1: transpaletas de aceiro inoxidable de 2.500 kg.

Lote 2: carretilla elevadora eléctrica de 3.000 kg.

Lote 3: carretillas elevadoras eléctricas de 2.000 kg.

Lote 4: carretillas elevadoras diésel de 3.000 kg.

d) Prazos de entrega: os indicados na letra N do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 42417300-5 (lote 1), 42415110-2 (lotes 2, 3 e 4).

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: os indicados na letra M do cadro de características.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 610.000 €; importe IVE (21 %): 128.100 €; importe total: 738.100 €.

Valor estimado: 610.000 €.

5. Financiamento.

Cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas letras I e J do cadro de características.

7. Garantía exixida.

Definitiva: 5 % do orzamento de licitación de cada lote, excluído o IVE (importes indicados na letra L do cadro de características).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: edificio administrativo nº 5-2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas) e 981 54 02 01 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mar@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=97653

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 20 de febreiro de 2017.

b) Documentación que deben presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela, CP 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro xeral. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación mediante telegrama, fax (981 54 50 03), correo electrónico (licitacion.mar@xunta.gal), burofax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Data e hora: 8.3.2017, ás 12.00 horas, apertura pública dos sobres B (oferta económica).

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 11.1.2017.

Data de envío do anuncio previo ao Diario Oficial de la Unión Europea: 20.7.2016.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar