Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador INC-PO-0048/2016-VNA e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Fernández Ladreda, número 43, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 18 de xaneiro de 2017

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0048/2016-VNA.

Denunciado: Dagoberto dos Anjos.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0111/2016-LSA.

Denunciado: Camilo Cid Cadavid.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0131/2016-IO.

Denunciada: Mª Esther Rodríguez Lago.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0143/2016-BIO.

Denunciado: Carles Albert Ucha Ucha.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0155/2016-BIO.

Denunciado: Miguel Tenorio Gallego.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: MON-PO-0116/2016-CSA.

Denunciada: Aprovechamientos Madereros del Norte, S.L.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: SAN-PO-0051/2016-MP.

Denunciada: Ganados Padín, S.L.

Acto de notificación: proposta de resolución.