Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4692

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (193/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 193/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Rodríguez Alonso e Agustín Valladares Rodiño contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., sobre ordinario, se acordou:

Despachar orde xeral de execución da Sentenza 348/2016, ditada con data do 5 de outubro de 2016 no procedemento ordinario seguido perante este xulgado co número de autos 143/2016 a favor da parte executante, Óscar Rodríguez Alonso e Agustín Valladares Rodiño, contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., parte executada, por importe de 14.008,98 euros de principal (dos cales lle corresponden a Óscar Rodríguez Alonso 7.070 euros de principal e 707 euros de xuro de mora procesual do 10 %, e a Agustín Valladares Rodiño 5.665,44 euros de principal e 566,54 euros de xuro de mora procesual do 10 %), e de 1.000 euros en concepto provisional de xuros de demora que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 10 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza