Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4693

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (185/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 185/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Alberto Monteagudo García, José Silva Domínguez, Agustín Garzón Ramírez, Juan Rodríguez González, José Ángel Vázquez Davila e Enrique Franco Souto contra La Reigosa, S.L., sobre ordinario, se ditou a resolución en que se acorda:

Declarar a executada, La Reigosa, S.L., en situación de insolvencia por importe de 43.069,10 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a La Reigosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 10 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza