Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2017 Páx. 4455

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (SS 922/2015).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 922/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra Patty Rocío Mamani Ale, sobre procedemento de oficio, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra Patty Rocío Mamani Ale e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada Patty Rocio Mamani Ale ao aboamento da cantidade de 2.952,32 euros por prestacións indebidamente percibidas. Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Así por esta sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza deste Xulgado do Social número 5, Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma a Patty Rocío Mamani Ale, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza