Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2017 Páx. 4472

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 1/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 1/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Couceiro Pérez contra Transyband, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante José Couceiro Pérez fronte a Transyband, S.L., parte executada.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización, facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpodrá no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

Así o acorda e asina, SSª. Dou fe.

O maxistrado. O letrado da Administración de xustiza.

(…)

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela fago saber que por resolución ditada o día 12.1.2017, no proceso seguido por instancia de José Couceiro Pérez contra Transyband, S.L. rexistrado co número 1/2017, se acordou citar Transyband en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das fontiñas, CP 15707 o día 7.2.2017 ás 12.10 horas para a celebración dos actos de comparecencia podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta e demais resolucións e documentos obrantes no procedemento.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao actor, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Transyband, S.L. expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza