Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2017 Páx. 4202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación de información pública do expediente IN407A 2016/1230-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase aos interesados descoñecidos (a aqueles de que se ignore o lugar de notificación ou ben cando, intentada esta, non se puido efectuar), que se sinalan no anexo deste anuncio, o Acordo do 17 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, do expediente indicado.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, polo que os interesados poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Sen prexuízo do anterior, este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/1230-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT CBA-807 A Agualada.

Concello: Coristanco.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados.

Número de predio: 3.

Lugar: rúa do Marco.

Cultivo: horta.

Nome e apelidos: María Pose García.

Apoio número 62-34-1. Paso de aéreo a subterráneo-metros cadrados: 10.0.

Afeccións: metros lineais subterráneos 2.0 - metros cadrados subterráneos 6.0.