Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2017 Páx. 4102

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 4 de abril de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia e se convocan para 2016.

No Diario Oficial de Galicia número 80, do 27 de abril de 2016, publicouse a Orde da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, do 4 de abril de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia e se convocan para 2016.

Unha vez rematada a tramitación de todas as solicitudes que se presentaron, e en cumprimento do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, debe dárselles publicidade ás subvencións concedidas.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Publicar como anexo as subvencións concedidas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2017

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda
P.D. (Orde do 4.4.2016; DOG núm. 80, do 27 de abril)
Helena de Lucas de Santos
Directora xeral de Mobilidade

ANEXO

Subvencións concedidas a asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou ás federacións destas para a formación en relación co transporte por estrada en Galicia para 2016 (aplicación orzamentaria: 2016.08.02.512A.481.1).

Os importes totais foron outorgados para o financiamento dos plans formativos presentados polos beneficiarios.

NIF

Entidade

Importe

G70037544

Galeval

2.232,31 €

G15086358

Fegatramer

78.531,51 €

G15624281

Anetra

16.599,23 €

G15640808

Transgacar

26.215,33 €

G70209234

Fegatravi

31.395,43 €

G70231121

Urbanos

8.957,86 €

G32400293

Fegatrans

61.875,04 €

G36627719

Asetranspo

58.297,62 €

G32345670

Fetram

46.077,16 €

G15353543

Fegataxi

23.361,19 €

V15086341

Fegabus

12.563,90 €

G15248859

Acotrades

30.193,42 €

Total

396.300,00 €