Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2017 Páx. 4101

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 8/2017, do 23 de xaneiro, polo que se dispón o nomeamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste, e de acordo coa proposta efectuada polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.) o 29 de decembro de 2016,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia a María Jesús Fernández García, en representación do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.).

Santiago de Compostela, vinte e tres de xaneiro de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente