Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2017 Páx. 4052

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Padrenda (expediente IN407A 2016/264-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: cambio LMTS e celas do CT Pontebarxas.

Situación: Padrenda.

Características técnicas:

– LMT subterránea a 20 kV de 174 m con condutor RHZ1 12/20 kV, con orixe no apoio metálico existente na LMT FRI 803 con PAS e final na cela de liña proxectada no CT Pontebarxas.

– LMT subterránea a 20 kV de 125 m con orixe na cela de liña do CT existente e final no apoio metálico existente na saída FRI 803.

– Instalación de grupo modular de 3 celas (2l+1P) no CT Pontebarxas (32CH75) de 400 kVA e RT 20.000/400-230 V.

Orzamento: 40.810,47 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización previa e a autorización administrativa de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións ou autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 3 de xaneiro de 2017

O xefe territorial de Ourense
P.S. (Decreto 175/2015, artigo 62.3)
Sofía Rodríguez Rodríguez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa
e Xestión Económica de Ourense