Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3787

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 31 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria, tramitadas como expediente anticipado de gasto, para o ano 2017, para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a organizacións de produtores pesqueiros e de asociacións de organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

O Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) núm. 1083/2006 do Consello (DOUE, L347, do 20.12.2012) (en diante, disposicións comúns dos fondos estruturais e de investimento europeos (fondos EIE) EIE); e o Regulamento (UE) núm. 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se derrogan os regulamentos (CE) núm. 2328, (CE) núm. 861/2006, (CE) núm. 1198/2006 e (CE) núm. 791/2007 do Consello, e o Regulamento (UE) núm. 1225/2011 do Parlamento Europeo e do Consello, (DOUE, L149, do 20.5.2014), constitúen o marco de financiamento comunitario para o período 2014-2020 que, entre outros, ten como obxectivo apoiar actuacións que fomenten un sector da pesca e acuicultura sustentables e respectuoso co ambiente para acadar os obxectivos da política pesqueira común (PPC) en consonancia cos obxectivos da estratexia de Europa 2020. Por outra banda, mediante a Decisión do 13.11.2015, a Comisión aprobou o programa operativo para España do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para efectos de concesión de axudas do devandito fondo neste Estado membro, de maneira que este contribúe á estratexia da UE para un crecemento intelixente, sustentable e integrador e á consecución dos obxectivos temáticos seleccionados e ás prioridades da Unión Europea.

O Regulamento (UE) núm. 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se derrogan os regulamentos (CE) núm. 2328/2003, (CE) núm. 861/2006, (CE) núm. 1198/2006 e (CE) núm. 791/2007 do Consello, e o Regulamento (UE) núm. 1255/2011 do Parlamento Europeo e do Consello (en diante FEMP), establece no seu artigo 6 como prioridade fomentar a comercialización e a transformación a través da mellora da organización dos mercados da pesca e da acuicultura, estimulando os investimentos nos sectores da transformación e da comercialización. O capítulo IV do título V do FEMP, nos seus artigos 66 e 68, establece o apoio ás medidas que poderán levar a cabo as organizacións profesionais e outros operadores que terán que ser recoñecidas de conformidade co capítulo II, sección II do Regulamento (UE) núm. 1379/2013. Nese senso o artigo 66, propón a concesión de axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización mencionados no artigo 28 do Regulamento (UE) núm. 1379/2013.

O Regulamento (UE) núm. 1380/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, sobre a política pesqueira común, polo que se modifican os regulamentos (CE) núm. 1954/2003 e (CE) núm. 1224/2009 do Consello, e se derrogan os regulamentos (CE) núm. 2371/2002 e (CE) núm. 639/2004 do Consello e a Decisión 2004/585/CE do Consello, establece no seu artigo 35 a creación dunha organización común de mercados (OCM), de maneira que as actividades da produción pesqueira e acuícola, incluída a transformación e comercialización, sexan economicamente viables e competitivas.

O Regulamento (UE) núm. 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, se modifican os regulamentos (CE) núm. 1184/2006 e (CE) núm. 1224/2009 do Consello e se derroga o Regulamento (CE) núm. 104/2000 do Consello, recolle a elaboración dos plans de produción e comercialización.

As organizacións profesionais da pesca e da acuicultura están chamadas a desempeñar unha función de primeira orde para acadar os obxectivos e para a xestión da política pesqueira común e da organización común de mercados. O novo marco normativo reforza as súas actividades e facilita a axuda financeira necesaria para que poidan desempeñar unha misión máis importante na xestión da pesca, exercendo as súas actividades pesqueiras e da acuicultura de forma sustentable e mellorando a comercialización dos produtos.

As organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura recollidas na OCM, é dicir, as organizacións de produtores pesqueiros e as asociacións de organizacións de produtores pesqueiros, así como as medidas que poden aplicar, están regradas en España a través do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura.

Noutro ámbito, no programa operativo para España do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) para o período de programación 2014-2020, aprobado por Decisión da Comisión do 13 de novembro de 2015, programouse o apoio do FEMP para as medidas relacionadas coa comercialización e a transformación. O primeiro comité de seguimento do FEMP, que tivo lugar o 17 de febreiro de 2016, aprobou os criterios de selección xerais das axudas do FEMP indicados no programa operativo. Con posterioridade, o mencionado comité aprobou os criterios de selección específicos para determinadas medidas do FEMP, onde se incluíu o repetido artigo 66 do FEMP, así como o plan de información e publicidade.

As axudas relativas aos actuais plans de produción e comercialización atopábanse recollidas no anterior Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), cuxa vixencia rematou en 2014 e non viñan reflectidas no Fondo Europeo de Pesca, que se aplicou ata decembro de 2015. Porén, estas axudas foron recollidas no FEMP cuxa aplicación comezou no ano 2014, aínda que, debido ao calendario de implantación do FEMP, non se concederon ata a data.

Xa que logo, as organizacións de produtores pesqueiros teñen a obriga de presentar os plans de produción e comercialización desde o ano 2014, segundo os artigos 28 e 29 da OCM e dado que a implantación efectiva do FEMP será un feito no ano 2016, as organizacións de produtores pesqueiros tiveron que facer fronte a unha serie de investimentos durante os anos 2014, 2015 e 2016, polo que a Comisión, a requirimento de España, indicou que estas operacións tal e como establece o artigo 65.6 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, serán subvencionables desde o ano 2014, e quedará indicado deste xeito no programa operativo do FEMP para España.

No caso dos plans de produción e comercialización, regulados no artigo 66 do FEMP, a Comisión Europea considera que a preparación, a realización, a elaboración de informes e as actualizacións do plan e dos informes considéranse como unha única operación para os efectos do disposto no artigo 65.6 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que serán subvencionables os informes anuais dos plans de produción e comercialización aprobados con anterioridade á entrada en vigor da presente orde.

Ante este novo marco comunitario, cómpre publicar as bases reguladoras que establezan o procedemento para a concesión de determinadas axudas ao abeiro da normativa antes citada e realizar ao mesmo tempo a convocatoria destas axudas para o ano 2017 dos plans de produción e comercialización correspondentes ao ano 2016, coa finalidade de apoiar o sector pesqueiro, no seu sentido máis amplo, en medidas que contribuirán a facelo máis competitivo e respectuoso co seu contorno.

O artigo 1.1 da Orde do 11 de febreiro de 1998 (DOG núm. 33, do 19 de febreiro) sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 (DOG núm. 231, do 29 de novembro) e pola Orde do 25 de outubro de 2001 (DOG núm. 209, do 29 de outubro), establece que os expedientes de gasto relativos a subvencións se poderán iniciar sempre que as necesidades que se teñan que satisfacer poidan ser razoablemente previstas anticipadamente no exercicio inmediatamente anterior ao dos orzamentos con cargo aos cales se vaian imputar os correspondentes gastos, sempre que exista crédito adecuado e suficiente no proxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma aprobado polo Consello da Xunta de Galicia que corresponda ao exercicio orzamentario en que se vai materializar a contraprestación.

O artigo 3.3 estende expresamente esta posibilidade de tramitación anticipada aos expedientes relativos a bases reguladoras ou convocatorias de axudas derivadas da aplicación de regulamentos comunitarios con financiamento procedente de fondos europeos, sempre que exista regulación das axudas pola Unión Europea ou de ámbito estatal ditada en desenvolvemento ou transposición dela e existan compromisos de financiamento destinados á aplicación das correspondentes medidas.

En consecuencia, e de acordo co disposto no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, oído o sector interesado, en virtude das competencias que ten atribuída a Consellería do Mar en materia de organización de produtores pesqueiros e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros e das asociacións de organizacións de produtores pesqueiros no ámbito autonómico galego, segundo establece a sección IV do capítulo II do Regulamento (UE) núm. 1379/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro.

2. Por outra banda, tamén é obxecto desta orde convocar as axudas para o ano 2017 dos plans de produción e comercialización correspondentes ao ano 2016.

3. As actuacións obxecto de axuda enmárcanse no programa operativo do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para España, dentro da prioridade 5 do artigo 6 do Regulamento (UE) núm. 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se derrogan os regulamentos (CE) núm. 2328/2003, (CE) núm. 861/2006, (CE) núm. 1198/2006 e (CE) núm. 791/2007 do Consello, e o Regulamento (UE) núm. 1255/2011 do Parlamento Europeo e do Consello.

Artigo 2. Crédito orzamentario

1. O período de elixibilidade do actual programa operativo (2014-2020) abrangue desde o 1 de xaneiro de 2014 ata o 31 de decembro de 2023, segundo dispón o artigo 65 punto 2 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas aos fondos EIE.

2. O importe fixado na presente convocatoria, así como as aplicacións a que se impute, poderase ampliar no caso de que exista crédito dispoñible derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, de remanentes doutras convocatorias ou en calquera dos casos e coas condicións establecidas no número 2 do artigo 30 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro), sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, salvo indicación expresa en contrario na orde que se publique para o efecto.

3. En todo caso, o incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se for o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

4. A concesión das axudas queda condicionada á efectiva existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución.

5. As axudas mencionadas contan co financiamento do FEMP nun 75 % e do Estado membro (CA de Galicia) nun 25 %.

6. Poderanse adquirir compromisos de carácter plurianual de acordo co artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

7. A tramitación deste expediente acóllese á Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000, e de outubro de 2001, que regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que a aprobación do expediente queda condicionada á efectiva existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos definitivos da Comunidade Autónoma para o 2017.

8. Para o ano 2017 as axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.723B.780.1 (proxecto 2016 00326) (plans de produción e comercialización) que figura dotada no proxecto de orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2017, cun importe total máximo das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario de 572.863 euros.

Artigo 3. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións as organizacións de produtores pesqueiros e as asociacións de organizacións de produtores do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros e Asociacións de Organizacións de Produtores Pesqueiros establecido no artigo 6 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.

Artigo 4. Requisitos xerais dos beneficiarios

Os beneficiarios das axudas reguladas pola presente orde estarán suxeitos aos seguintes requisitos:

a) Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.

b) Non concorrer nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Non ter cometido infracción grave:

– Da política pesqueira común definida como tal en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello;

– Do Regulamento (UE) núm. 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) núm. 1224/2009 do Consello polo que se establece un réxime comunitario de control, durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes, se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) núm. 404/2011. Cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) núm. 404/2011 suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.

d) No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das Comunidades Europeas (DOUE serie C 316 do 27.11.1995).

e) Non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) núm. 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.

f) Non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, con carácter xeral serán inadmisibles as solicitudes presentadas por un operador que cometese un dos delitos mencionados no artigo 3 durante un período de 12 ou 24 meses en función de se foi cometido por neglixencia grave ou con dolo. No caso de delitos mencionados no artigo 4 da citada directiva, o período de inadmisibilidade será, con carácter xeral, de 24 meses.

g) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5. Requisitos específicos dos beneficiarios

Sen prexuízo do anterior, o beneficiario deberá cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter aprobados os seus plans de produción e comercialización correspondentes ao ano 2016, en cumprimento dos obxectivos da OCM establecidos nos artigos 3 e 7 do Regulamento (UE) núm. 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, e de acordo ao artigo 14 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.

b) Así mesmo, deberán ter aprobado o informe anual correspondente ao exercicio do plan de produción e comercialización indicado na alínea anterior, de acordo co artigo 28, número 5 do Regulamento (UE) núm. 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, e co artigo 15 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.

c) As medidas aprobadas no plan de produción e comercialización e posteriormente executadas e xustificadas no informe anual deberán contar coa calidade técnica necesaria. O órgano xestor poderá solicitar un informe a outros organismos públicos para que avalíen se os traballos se axustan aos tempos e orzamentos presentados no informe anual.

No caso de detectar traballos plaxiados ou de calidade insuficiente que derive de informes segundo o disposto no parágrafo anterior, a comisión de selección establecida no artigo 17 indicará que a devandita medida non é elixible.

Artigo 6. Obrigas dos beneficiarios

Os beneficiarios destas axudas están obrigados a:

a) Executar, dentro do prazo conferido, as actuacións obxecto da subvención para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización, aprobados mediante resolución do órgano competente na materia.

b) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente ou calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competente, tanto nacionais como comunitarios, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

c) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un mínimo de cinco anos desde a percepción da data contable do último pagamento, para os efectos de comprobación e control. Cando proceda, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos exixidos na lexislación aplicable aos beneficiarios.

d) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable específico en relación con todas as transaccións relacionadas coa subvención que permita seguir a pista de auditoría.

e) Comunicar á Consellería do Mar a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente, tanto público como privado.

f) Comunicar á Consellería do Mar calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución dos fins para os cales foi concedida a axuda.

g) Dar a adecuada publicidade ao carácter público do financiamento do investimento realizado, con expresa mención á participación do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca, nos termos regulamentariamente establecidos.

h) Axustar o custo de adquisición dos investimentos subvencionables ao valor de mercado.

i) Durante os cinco anos seguintes ao pagamento final ao beneficiario, este non poderá ter cometido unha infracción grave da PPC nin do Regulamento (UE) núm. 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada e do Regulamento (UE) núm. 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control, nin ter sido declarado culpable de cometer fraude.

j) Se o investimento comporta a xeración de residuos, deberanse cumprir as condicións sinaladas para cada tipo de residuo na normativa sectorial.

k) Indicar no momento da solicitude o valor da produción en primeira venda en euros e toneladas correspondentes ao ano 2016, seguindo o modelo incluído no anexo VII de indicadores do proxecto.

Así mesmo, unha vez pagada a axuda, deberán proporcionar ao Servizo de Mercados da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar o valor da produción en primeira venda, en euros e toneladas, correspondentes ao ano 2017.

Artigo 7. Investimento máximo subvencionable e intensidade das axudas

1. As axudas reguladas nesta orde teñen o carácter de subvencións de capital e non constitúen axudas de estado.

2. O importe do investimento subvencionable será o que se obteña da valoración dos investimentos con criterios técnico-económicos obxectivos e homoxéneos, de acordo cos informes emitidos.

3. As axudas están cofinanciadas polo FEMP e polos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, e a intensidade das axudas axustarase ao disposto nos artigos 94 e 95 do FEMP e segundo as dispoñibilidades orzamentarias existentes. A intensidade da axuda pública non será superior ao 90 % dos gastos elixibles, e o 10 % restante será de achega privada.

Artigo 8. Compatibilidade das axudas

1. Os gastos cofinanciados pola presente orde serán compatibles con outras liñas de axudas, sempre que a suma de todas elas non supere o límite da intensidade máxima de axuda pública prevista no artigo 95 do Regulamento (UE) núm. 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio.

2. Con todo, a obtención concorrente de axudas outorgadas para a mesma finalidade polas administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, cando o importe total das subvencións percibidas por cada beneficiario supere os límites que se indican no número anterior, dará lugar á redución proporcional que corresponda no importe das subvencións, ata axustarse a ese límite na última subvención que se conceda.

Artigo 9. Investimentos obxecto de subvención e gastos subvencionables

1. Os investimentos relativos á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros e das asociacións de organizacións de produtores pesqueiros poderán ser obxecto de subvención.

2. Serán elixibles todas as actuacións iniciadas desde o 1 de xaneiro de 2016.

3. Serán elixibles todas as actuacións que se axustan ao establecido no anexo «Gastos» desta orde, sen prexuízo do cumprimento do resto dos requisitos que estableza a normativa nacional e comunitaria.

4. Os gastos subvencionables deberon realizarse dentro do prazo conferido para a preparación e aplicación do plan de produción e comercialización, aprobado mediante resolución do órgano competente na materia.

5. Os gastos subvencionables serán aqueles directamente relacionados coa preparación e aplicación do plan de produción e comercialización, aprobado mediante resolución do órgano competente na materia:

a) No caso de que os gastos estivesen directamente relacionados coa preparación do plan de produción e comercialización, indicaranse os custos dos estudos preliminares e de definición e elaboración. Este concepto non poderá ser superior ao 5 % dos gastos finalmente elixibles tras a presentación do informe anual, cun máximo de 6.000 euros. Estes gastos deberán terse producido antes do 31 de outubro do ano inmediatamente anterior ao plan que se vai executar.

b) No caso de que os gastos estivesen directamente relacionados coa aplicación dos plans de produción e comercialización, cando as medidas teñan custo económico, serán subvencionables en cada medida tanto as actividades do titular do proxecto como as actividades de xestión do proxecto.

6. Sen prexuízo do establecido no anexo «Gastos» da presente convocatoria, serán subvencionables, de xeito xeral, os seguintes gastos:

a) Os gastos derivados da contratación de empresas externas ou profesionais independentes para a preparación ou realización dalgunha ou algunhas das medidas incluídas no plan de produción e comercialización.

b) Gastos de persoal propio, xa sexa de estrutura ou contratado para unha medida concreta do plan de produción e comercialización, incluídos aqueles custos indirectos segundo establecen os artigos 67 e 68 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

c) Gastos derivados de convenios de colaboración con organismos científicos e outras entidades, que deberán formalizarse por escrito e recollerán o seu obxecto, os traballos que se van realizar, o tempo de execución e o orzamento, debidamente desagregado por capítulos.

d) Obras, adquisicións de bens e subministracións correspondentes a medidas previamente aprobadas no plan de produción e comercialización.

e) Gastos de desprazamentos, aloxamento e manutención para a asistencia a feiras, congresos, cursos, reunións, xornadas ou eventos semellantes en medidas aprobadas no plan de produción e comercialización.

Artigo 10. Gastos non subvencionables

1. Non serán subvencionables os seguintes gastos:

a) As retribucións ou salarios nin as axudas de custo e gastos de desprazamento de persoal contratado pola organización, ou de membros da organización, cando realicen tarefas relacionadas co funcionamento e xestión da organización.

b) As retribucións ou salarios dos membros da organización, nos desprazamentos por tarefas relacionadas co plan de produción e comercialización, derivados de desprazamentos, aloxamento e manutención para a asistencia a feiras, congresos, cursos, reunións, xornadas ou eventos semellantes.

c) O arrendamento, reparación, mantemento e conservación das infraestruturas e equipamentos, así como os abastecementos necesarios para o funcionamento normal das instalacións da organización profesional (auga, gas, electricidade, combustibles, etc.), sen prexuízo da súa posible elixibilidade como custos indirectos en aplicación do disposto no anexo «Gastos» desta orde.

d) O material de oficina e os servizos telefónicos, postais e telegráficos, así como calquera outro tipo de comunicación e, en xeral, os gastos destinados ao funcionamento administrativo da organización de produtores.

e) A adquisición ou aluguer de vehículos necesarios para o funcionamento normal da organización de produtores.

f) O IVE, excepto o IVE non recuperable cando sexa custeado de forma efectiva e definitiva por beneficiarios distintos das persoas que non sexan suxeitos pasivos ao cal se refire o artigo 13, número 1 da Directiva 2006/112/CE do Consello, do 28 de novembro de 2006, relativa ao sistema común do imposto sobre o valor engadido.

g) O resto dos impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación e os impostos persoais ou sobre a renda.

h) Ademais, non serán subvencionables os seguintes gastos:

– Xuros de débeda, coa excepción de subvencións concedidas en forma de bonificacións de xuros ou subvencións de comisións de garantía.

– Adquisición de terreos.

– As compras de materiais e equipamentos usados.

– A parte do custo dos elementos de transporte que non formen parte estrutural da operación.

– De xeito xeral, os gastos orixinados por unha mera reposición de elementos existentes, coa excepción de que a nova adquisición corresponda a investimentos distintos aos anteriores, ben pola tecnoloxía empregada ben polo seu rendemento.

2. A elixibilidade da operación basearase nos criterios de selección sinalados no artigo 113.a) do Regulamento (UE) núm. 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, aprobados polo comité de seguimento, e que, segundo se indica na citada norma, serán revisados de conformidade coas necesidades de programación.

Artigo 11. Subcontratación

1. Poderán ser obxecto de subcontratación aquelas actividades dos plans de produción e comercialización que formen parte da actuación subvencionada pero que non poidan ser realizadas pola organización profesional mediante os seus propios medios.

2. O orzamento global da actividade subcontratada poderá alcanzar o 100 % do orzamento do dito participante. A subcontratación estará condicionada a que o contrato se celebre por escrito, sexa enviado e previamente autorizado polo órgano de concesión. Ademais, o contrato entre o beneficiario e a entidade subcontratista deberá recoller como mínimo os seguintes aspectos: obxectivos do contrato, descrición das actividades, data de inicio e duración total, identificación do persoal, orzamento total e desagregación por anualidades, se for o caso.

3. Sen prexuízo do establecido no número anterior, permítese expresamente que a resolución de aprobación do plan de produción e comercialización do ano 2016 constitúa a autorización previa por parte da Administración competente para a subcontratación, nos supostos indicados no artigo 27.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo do cumprimento do establecido no artigo 27.7 da citada lei.

Ademais, autorízase a que a subcontratación acade o 100 % do importe da dita actividade para os anos citados no parágrafo anterior.

4. Non poderá subcontratarse coas mesmas entidades beneficiarias que forman parte da agrupación nin en ningún dos casos especificados no artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou en caso de que non se cumpra co disposto no artigo 10.1.d) do FEMP.

5. Cando para a execución dunha medida interveñan empresas vinculadas, estas non poderán participar como provedores ou prestadores de servizos; no contrario, a súa actividade non será subvencionable. Terán a consideración de empresas vinculadas aquelas entre as cales exista algunha das relacións definidas no artigo 3.3 do anexo I do Regulamento (UE) núm.  651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado. De acordo co establecido neste regulamento, a definición de peme utilizada debe basearse na que figura na Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas.

6. O cumprimento dos supostos contidos nos números 4 e 5 acreditarase mediante declaración responsable de empresas vinculadas (anexo VIII).

Artigo 12. Cálculo da contía da axuda

1. Serán elixibles os importes das medidas previamente aprobadas nos plans de produción e comercialización do ano 2016 e efectivamente executadas nos informes anuais, regulados no artigo 15 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño, e de acordo coas bases desta convocatoria.

2. Tendo en conta o establecido no artigo 7.3 da presente orde, a suma dos custos elixibles non poderá superar o 3 % do valor medio anual da produción comercializada pola organización de produtores pesqueiros ou unha asociación de organización de produtores, durante os tres anos anteriores ao da publicación da correspondente convocatoria.

3. Para o cálculo da produción indicado no número anterior, entenderase a produción comercializada por cada un dos membros no caso de unha organización de produtores pesqueiros ou a suma da produción de cada un dos membros de cada organización de produtores pesqueiros que compoña unha asociación de organización de produtores, segundo a declaración responsable incluída no artigo 14.1.b) da presente orde.

4. Comprobarase o valor da produción comercializada a partir dos datos estatísticos oficiais dispoñibles.

Artigo 13. Prazo de presentación da solicitude

Para esta convocatoria do ano 2017 o prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 14. Presentación de solicitudes e documentación de xustificación

1. Ademais doutras obrigas documentais que se recollan na presente orde, as solicitudes incluirán a seguinte documentación:

a) Anexo I, de solicitude de axuda.

b) Anexo II, declaracións responsables, no cal figurarán as seguintes declaracións:

i. Declaración responsable do interesado de non ser debedor por resolución de procedencia de reintegro polas causas recollidas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

ii. Declaración responsable de non ter sido sancionado coa imposibilidade de obtención de préstamos, subvencións ou axudas públicas, de acordo co previsto no título V, artigo 105.1 letra i) da Lei 3/2001, do 26 de marzo, de pesca marítima do Estado, e, se for o caso, pola normativa das comunidades autónomas.

iii. Declaración responsable da acreditación do valor e volume de produción das organizacións de produtores e as súas asociacións para un período determinado.

c) Anexo III, formulario de investimentos por medida.

d) Anexo IV, declaración responsable de realización dos investimentos.

e) Anexo V, relación de xustificantes.

f) Anexo VI, explicación das diferenzas entre os investimentos previstos e os realizados.

g) Anexo VII, indicadores do proxecto.

h) Anexo VIII, declaración responsable de empresas vinculadas, se é o caso.

2. A documentación complementaria de solicitude está formada por:

a) Copia do NIF da organización profesional solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

b) Copia da escritura de constitución e estatutos da sociedade, así como as modificacións ulteriores debidamente inscritas no rexistro correspondente.

c) Poder suficiente da persoa representante no caso de que tal poder non figure nos estatutos.

d) Copia do DNI da persoa representante legal só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

e) Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias.

f) Cando o importe do gasto unitario supere a contía de 50.000 euros no caso de execución de obras, ou de 18.000 euros no caso de subministración de bens ou prestacións de servizos, o beneficiario deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. Exceptúase a presentación das tres ofertas no caso de tratarse de plans de produción e comercialización correspondentes ao ano 2016.

g) Certificacións emitidas polos organismos competentes acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, só no caso de que a entidade solicitante denegue expresamente a súa consulta.

h) Declaración doutras axudas solicitadas (incluíndo préstamos subvencionados), concedidas ou que se pretendan solicitar a calquera outra Administración pública, destinadas a subvencionar total ou parcialmente o proxecto para o cal se solicita a subvención. Esta declaración está incluída no anexo I na parte: «A organización/asociación solicitante ou a persoa representante declara». Deberá achegarse a resolución da axuda no caso de axudas doutras administracións distintas da Xunta de Galicia, de ser o caso.

i) Informe acreditativo de non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións emitido pola Consellería de Facenda (Atriga), só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

j) Informe acreditativo de non ter sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira emitido pola unidade de sancións e reclamacións da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

k) Informe acreditativo de non estar en concurso de acredores (artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia) obtido a través do rexistro público concursal do Ministerio de Xustiza, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

l) Informe acreditativo de non ter cometido infracción grave da política pesqueira común, do Regulamento (UE) núm. 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) núm. 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control emitido polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

m) Informe acreditativo de non ter sido declarado culpable de cometer fraude, no marco do FEP ou FEMP, obtido a través da base de datos do Ministerio de Xustiza e do sistema nacional de publicación de subvencións do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

n) Informe acreditativo de non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR obtido a través da base de datos do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

ñ) Informe acreditativo de non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, obtido a través da base de datos do Ministerio de Xustiza e do sistema nacional de publicación de subvencións do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

3. Asemade, as solicitudes presentaranse acompañadas da seguinte documentación complementaria de xustificación, que estará formada por:

a) Relación de xustificantes, seguindo o modelo incluído no anexo V, no cal virán relacionados e clasificados por medida os investimentos da actividade, con identificación do provedor, número da factura, o seu importe, data de emisión e data de pagamento.

b) Xustificantes dos investimentos efectuados que consistirán, de forma xeral, nas facturas, contratos (de obra ou de servizo) e nóminas orixinais detalladas ao máximo posible. As facturas orixinais que se entreguen ao beneficiario serán marcadas cun selo no cal se indique o financiamento do FEMP.

c) Certificacións bancarias correspondentes aos pagamentos efectuados. Só se admitirán pagamentos por transferencia bancaria. Estas transferencias bancarias só se poderán ordenar como pagamento dunha ou varias facturas. As certificacións bancarias identificarán a factura ou facturas pagadas e os seus importes.

d) Documento coa descrición de funcións desenvolvidas do posto de traballo e relacionadas coas tarefas que se van desenvolver nas medidas que se inclúan nos plans de produción e comercialización.

e) Rexistro horario en que se inclúa o número de horas dedicadas á medida, polo persoal que corresponda.

f) Xustificante do pagamento das correspondentes cargas sociais e retencións fiscais. Para iso, comprobaranse os documentos TC1 (modelo para a liquidación das cotas de réxime xeral), TC2 (relación nominal de traballadores coas súas bases de cotización) e modelo 110 (retencións e ingresos á conta do IRPF de carácter trimestral).

g) Xustificante do pagamento da nómina.

4. Os citados documentos deberán demostrar con claridade que os gastos foron destinados á preparación e/ou execución das medidas dos plans de produción e comercialización, segundo o disposto no anexo «Gastos».

5. Segundo o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as solicitudes dos interesados irán acompañadas dos documentos estipulados na convocatoria, coa excepción de que os documentos exixidos xa estean no poder de calquera órgano da Administración actuante.

6. Non obstante o disposto no presente artigo, a documentación mínima para a tramitación da solicitude será a seguinte:

a) Anexo I, de solicitude de axuda.

b) Anexo II, declaracións responsables.

c) Anexo III, formulario de investimentos por medida.

d) Anexo IV, declaración responsable de realización dos investimentos.

e) Anexo V, relación de xustificantes.

f) Anexo VI, de explicación das diferenzas entre os investimentos previstos e os realizados.

g) Anexo VII, indicadores do proxecto.

h) Anexo VIII, declaración responsable de empresas vinculadas, se é o caso.

A non presentación da documentación mínima suporá a inadmisión da solicitude.

Artigo 15. Forma de presentación de solicitudes e documentación

1. A presentación das solicitudes realizarase por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) de conformidade co establecido nos artigos 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

3. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que vai presentar de forma electrónica parte a persoa solicitante ou representante, supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

6. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A través da carpeta do cidadán dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, os interesados poderán relacionarse electronicamente coa Administración competente e realizar os trámites necesarios para a tramitación do procedemento, consultar o estado de tramitación e coñecer os actos de trámite realizados con indicación do seu contido, así como da data en que foron ditados.

Artigo 16. Tramitación de solicitudes

A tramitación das solicitudes realizarase por fases; no caso de que unha solicitude non supere unha das fases, implicará que a súa tramitación finalizará sen que poida pasar á fase seguinte; neste caso o órgano competente emitirá a correspondente resolución.

A) Fase de admisión de solicitudes.

1. Inicio do expediente: o Servizo de Mercados da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar nos servizos centrais analizará os expedientes e requirirá a documentación necesaria, de ser o caso.

2. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a deficiencia ou remita os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se dará por desistido da súa solicitude.

Este requirimento de emenda tamén se fará se das certificacións obtidas de conformidade co artigo 4.g) resulta que o solicitante non está ao día no pagamento das súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social.

A documentación requirida para emenda da solicitude deberá ser presentada na forma que se determina nos artigos 14 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Sen prexuízo do sinalado no número anterior, poderá requirirse o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

4. Sempre que se teñan en conta para a resolución das axudas aspectos distintos aos aducidos polos interesados, darase a estes un trámite de audiencia con carácter previo á avaliación dos expedientes que faga a comisión de selección.

5. Para os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, o órgano instrutor formulará a proposta de resolución de non admisión ou de desistencia, segundo sexa o caso, na cal se indicarán as causas que a motivan.

B) Fase de avaliación das solicitudes.

I) Criterios xerais de avaliación.

1. Avaliaranse os proxectos segundo criterios xerais en que se terán en conta as seguintes consideracións:

– Idoneidade coa Europa 2020 e co programa operativo do FEMP.

– Valoración da viabilidade económico-financeira.

– Valoración da viabilidade técnica.

2. Esta avaliación será realizada, preferentemente, por persoas cunha axeitada cualificación e/ou experiencia dos organismos intermedios ou doutras organizacións que poidan sumar valor engadido a esta avaliación.

3. Para a avaliación da idoneidade coa Europa 2020 e co programa operativo do FEMP terase en conta:

– Adecuación do proxecto á análise DAFO do programa operativo (PO) do FEMP e ao cumprimento dos fins do obxectivo específico deste: alto (4 puntos), medio (2 puntos), baixo (1 punto), nulo (0 puntos).

– Contribución do proxecto á consecución dos indicadores de resultado do PO: alto (4 puntos), medio (2 puntos), baixo (1 punto), nulo (0 puntos).

– Implicación do proxecto noutras prioridades, obxectivos específicos, indicadores de resultados ou plans estratéxicos: alto (4 puntos), medio (2 puntos), baixo (1 punto), nulo (0 puntos).

O órgano instrutor emitirá un informe de idoneidade para cada solicitude que teña alcanzado esta fase no cal se cualificará o proxecto de significante (alto: > 7 puntos), razoable (medio: <= 7, > 5), deficiente (baixo: <= 5) e inadecuado (nulo <=2) en función dos puntos totais que obteña.

Os proxectos que sexan cualificados como inadecuados non poderán continuar coa súa tramitación; o órgano instrutor formulará a proposta de resolución de denegación da axuda na cal se indicarán as causas que a motivan.

4. Os proxectos que superaren a valoración do programa operativo do FEMP, deberán ser técnica e economicamente viables, para o cal o órgano instrutor solicitará os correspondentes informes técnicos.

Os proxectos para os cales algún dos correspondes informes de viabilidade técnica ou viabilidade económica fosen desfavorables, entenderanse non viables para a obtención dos fondos públicos, para o cal o órgano instrutor formulará a proposta de resolución de denegación da axuda na cal se indicarán as causas que a motivan.

Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, e dada a natureza destas axudas, non será necesario o informe de viabilidade económico-financeira cando recaese a aprobación dos plans de produción e comercialización e a execución e xustificación das medidas aprobadas.

II) Criterios específicos de avaliación.

Con relación aos criterios específicos de avaliación de solicitudes, en consonancia co establecido nos criterios específicos aprobados polo comité de seguimento do FEMP, outorgarase a mesma puntuación a todos os solicitantes, en aplicación do artigo 33 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sen prexuízo do establecido no artigo 19.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

C) Fase de selección.

1. Unha vez finalizada a fase anterior, a comisión de selección procederá a formular a proposta de resolución de concesión das axudas.

2. Na proposta que formule a comisión de selección figurarán de maneira individualizada os solicitantes propostos para obteren a subvención e indicarase a avaliación que lles corresponde segundo os criterios fixados nesta orde e os expedientes seleccionados. Así mesmo, indicarase a proposta do importe da subvención para cada un deles.

3. No caso de que a suma dos investimentos subvencionables dos expedientes propostos supere o crédito existente para as axudas, aplicarase o rateo entre os beneficiarios da subvención do importe máximo destinado ás subvencións, segundo o artigo 19.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. O presidente da comisión de avaliación elevará proposta de resolución ao órgano concedente, que ditará as correspondentes resolucións de concesión.

Artigo 17. Comisión de selección

1. Os expedientes serán avaliados por unha comisión de selección constituída na Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.

2. A comisión de selección estará formada polos seguintes membros:

a) Presidente/a: subdirector/a xeral de Pesca e Mercados da Pesca.

b) Vogais: dous funcionarios adscritos á Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica designados polo presidente, as xefaturas dos servizos de Competitividade e Innovación Tecnolóxica das xefaturas territoriais da Consellería do Mar e a xefatura do Servizo de Mercados, que exercerá como secretaría.

3. En caso de imposibilidade de asistir a algunha das sesións, os membros do órgano colexiado poderán ser substituídos pola persoa que designe o presidente. O órgano colexiado precisará de, polo menos, a maioría simple dos membros para a realización da selección.

4. A reunión da comisión de selección poderá celebrarse presencial ou telematicamente.

5. A comisión poderá propoñer que o órgano instrutor requira documentación complementaria necesaria para a correcta valoración da solicitude de que se trate.

6. A comisión de selección poderá traballar asistida dos asesores que xulgue conveniente, así como solicitar informes a expertos técnicos externos na materia.

7. A comisión de selección reunirase nunha sesión única para a elaboración da proposta de concesión ao órgano concedente, salvo no caso de que a suma dos investimentos subvencionados dos expedientes propostos non supere o crédito existente para as axudas, caso en que poderá celebrar cantas sesións considere necesarias e emitir propostas parciais de concesión en cada unha das sesións.

Artigo 18. Resolución e proposta de pagamento

1. A resolución das solicitudes corresponde á persoa titular da Consellería do Mar, que poderá delegar a dita competencia na persoa titular da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica. No caso de concesións que superen a contía de 3.000.000 € por beneficiario será necesaria a autorización do Consello da Xunta. Esta autorización non implicará a aprobación do gasto, que corresponderá en todo caso ao órgano competente para ditar a resolución de concesión da subvención.

2. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución da axuda será de tres meses desde a data de publicación desta orde de convocatoria de axudas no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o prazo sen resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 25 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. A resolución de concesión indicará, entre outros aspectos, os compromisos asumidos polos beneficiarios; os créditos orzamentarios aos cales se imputa o gasto; a contía da subvención individualizada e a porcentaxe do financiamento do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

4. As notificacións que se practiquen nos procedementos habilitados nesta orde deberán realizarse nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

5. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. As notificacións electrónicas realizaranse mediante a plataforma de notificación electrónica dispoñible a través da sede da Xunta de Galicia https://notifica.xunta.gal. De acordo coa normativa vixente en materia de desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, o sistema de notificación permitirá acreditar a data e a hora en que se produza a posta á disposición da persoa interesada do acto obxecto de notificación, así como o de acceso ao seu contido, momento a partir do cal a notificación se entenderá practicada para todos os efectos legais. Sen prexuízo do anterior, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia poderá remitir ás persoas interesadas avisos de posta á disposición das notificacións, mediante correo electrónico dirixido ás contas de correo que consten nas solicitudes para efectos de notificación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada.

7. Se transcorren dez días naturais desde a posta á disposición dunha notificación electrónica sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada e terase por efectuado o trámite, co cal seguirá o procedemento, salvo que de oficio ou por instancia da persoa destinataria, se comprobe a imposibilidade técnica ou material do acceso.

8. Se a notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia practicará a notificación polos medios previstos na normativa vixente en materia de procedemento administrativo.

9. A notificación da resolución de concesión de axuda realizarase conforme o disposto nos artigos 40 e 41 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 19. Aceptación da resolución

Unha vez notificada a devandita resolución, o interesado terá un prazo de dez días hábiles a partir do seguinte ao da súa notificación para a aceptación desta. Transcorrido este prazo sen producirse manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada a axuda.

Artigo 20. Recursos

1. Contra a resolución expresa que se dite, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Consellería do Mar, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

2. Se transcorrido o prazo para resolver o establecido no artigo anterior, non lle é notificada a resolución ao interesado, entenderase desestimada por silencio negativo e caberá interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería do Mar en calquera momento, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de seis meses, contados en ambos dous casos a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

3. Sen prexuízo do anterior, os interesados poderán exercer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Artigo 21. Pagamento

Para o pagamento da axuda é imprescindible o cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que o investimento obxecto da axuda e a súa xustificación estean realizados de conformidade coa resolución de concesión, integramente rematado e totalmente pagado. A acreditación da realización dos investimentos xustificarase coas facturas, contratos, nóminas e documentación relacionada no artigo 14.3, así como cunha declaración responsable do interesado (anexo IV) de que o dito investimento foi realizado segundo a resolución de concesión.

b) Que os beneficiarios estean ao día nas súas obrigas tributarias e da Seguridade Social e que non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Igualmente, o beneficiario non terá pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.

Artigo 22. Verificación posterior ao pagamento da axuda

Os servizos da Consellería do Mar realizarán os controis oportunos para verificar que a acción subvencionada non teña, nos cinco anos seguintes á data de resolución de pagamento da axuda, unha modificación fundamental das establecidas no artigo 71 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

Artigo 23. Incumprimento e reintegro das axudas

1. Se o beneficiario incumpre calquera dos requisitos establecidos nestas bases e demais normas aplicables, así como as condicións e obrigas que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión da axuda, poderanse anular os beneficios concedidos coa obriga de reintegro da axuda ou subvención.

2. Procederá o reintegro total ou parcial da subvención concedida, así como os xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da subvención e ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Ademais, será tamén causa de reintegro de acordo coas directrices comunitarias para o exame das axudas estatais no sector da pesca e da acuicultura (2008/C84/06) a comisión de infracción do dereito comunitario polo beneficiario e, en especial, das normas da política pesqueira común durante o período cuberto pola subvención. O reembolso das axudas será proporcional á gravidade da infracción cometida.

4. Sen prexuízo da obriga de reintegro, se como consecuencia dunha comprobación posterior ou de calquera outra verificación, se constata falsidade nas declaracións mencionadas nesta orde, serán de aplicación as infraccións e sancións establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Para este procedemento de reintegro terase en conta o establecido no capítulo II do título II da Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 24. Infraccións e sancións

Sen prexuízo do establecido nos puntos anteriores, aos beneficiarios das axudas reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 25. Autorizacións da persoa beneficiaria

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente datos en poder das administracións públicas. Só no caso de oposición expresa no modelo de solicitude as persoas interesadas deberán achegar os documentos acreditativos correspondentes. No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a súa presentación.

2. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estean en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 53.1.d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento e deberá presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

4. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia do incumprimento das obrigas, poidan impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Artigo 26. Publicidade

1. En aplicación do establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas, expresando a convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención, coas excepcións previstas no dito artigo, de ser o caso.

2. A Consellería do Mar remitirá á Base de datos nacional de subvencións información sobre as convocatorias e resolucións de concesións ditadas nos termos establecidos nos artigos 18 e 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Artigo 27. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña); ou a través dun correo electrónico a: sxt.mar@xunta.gal.

Disposición adicional primeira

No non previsto nesta orde observarase o que establece o Regulamento (UE) núm. 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca; Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ás disposicións comúns dos fondos estruturais e de investimentos europeos; o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e posteriores modificacións; o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e os do seu regulamento de execución; e a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; e demais normativa de aplicación.

Disposición adicional segunda

Delégase no director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica a resolución destas axudas.

Disposición derradeira primeira

Facúltase o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica para ditar as resolucións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2016

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar

ANEXO
Gastos

Determinación de gastos elixibles do artigo 9.

1. Gastos incluídos no artigo 9.6.a) e 9.6.b) relativos a gastos de persoal nos plans de produción e comercialización.

Existen tres tipos de categorías de custos a tipo fixo:

Tipo 1. Custos directos.

Refírese aos custos directos de persoal (interno e externo, no caso de subcontratacións), sobre cuxa base se aplicará a porcentaxe para calcular os importes subvencionables.

A) Custos directos de persoal.

Son os custos derivados dun acordo entre o que emprega e o empregado ou contratos de servizos de persoal externo, sempre que os ditos custos poidan identificarse claramente.

Comprenden a remuneración total, incluídos os beneficios en especie correspondentes aos convenios colectivos, os impostos e as cotizacións sociais, tanto voluntarias como obrigatorias, do que emprega.

a) Subcontratación-Gastos de xestión do proxecto.

Considéranse as actuacións contratadas a terceiros correspondentes a servizos externos, que fornezan coñecementos profesionais prestados por unha persoa física ou xurídica (pública ou privada) que non sexa beneficiaria.

Cada un dos beneficiarios deberá cumprir os requisitos do artigo 11 da orde reguladora, as normas de contratación pública que sexan de aplicación e os principios básicos do artigo 5.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Así mesmo, deberá cumprir o disposto no número 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 3.3 do anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, con respecto a empresas vinculadas.

Non se permite a contratación entre os beneficiarios para a realización dunha medida, nin a contratación de traballadores dalgunha das entidades beneficiarias do proxecto como prestadores de servizos de profesionais externos e de asesoramento.

Subvencionabilidade. Será elixible o 100 % do custo real.

De acordo coa Recomendación da Comisión do 3 de marzo de 2014 relativa ao establecemento e aplicación dos plans de produción e comercialización, poderanse incluír como gastos subvencionables:

– Servizos de consultoría, incluíndo actividades experimentais científicas ou técnicas, adquisición e despregamento de novos dispositivos técnicos para incrementar a selectividade, o desenvolvemento da rastrexabilidade ou o fomento de prácticas de acuicultura sustentable.

– Asesoramento xurídico.

– Estudos: avaliacións, estratexias, plans de deseño, manuais, etc.

– Avaliacións de impacto ambiental.

– Estudos de viabilidade dun investimento.

– Formación.

– Creación, modificación e actuación de sistemas de información.

– Promoción, comunicación, campañas de publicidade ou información, incluíndo o deseño, edición, impresión e distribución de guías, folletos, publicacións, bolsas, etc.

– Organización e execución de eventos e reunións.

Estas actividades poderán ser subvencionadas sempre que sexan aprobadas nos plans de produción e comercialización, e refírese só a conceptos de gastos directos de persoal.

Pista de auditoría.

Os documentos xustificativos dos gastos que deberán estar dispoñibles para efectos de control son:

– Facturas detalladas de provedores externos desagregando claramente os custos e identificando os custos directos de persoal.

– Contrato ou acordo por escrito en que deben figurar os servizos que se prestarán, se for o caso.

– Evidencia do traballo realizado.

– Xustificante de pagamento da factura.

b) Persoal contratado (no NIF da organización) expresamente para medidas dos plans de produción e comercialización-Gastos do titular do proxecto.

Considérase a contratación de novo persoal que se incorpora á organización para a realización dun proxecto ou acción concreta e limitada no tempo, co obxecto de desenvolver algunha das medidas incluídas nos plans de produción e comercialización.

Subvencionabilidade. Será elixible o 100 % do custo real.

Segundo a Recomendación da Comisión do 3 de marzo de 2014, poderanse incluír como gastos subvencionables:

– Estudos de mercado.

– Estudos de avaliación.

– Deseño do proxecto.

– Análises de risco.

– Estudos de viabilidade.

– Outras medidas aprobadas na resolución dos plans de produción e comercialización.

Os gastos de persoal subvencionable serán o salario bruto do persoal contratado, excluíndo os pagamentos en especie.

Pista de auditoría:

– Contrato de traballo por obra e servizo.

– Documento coa descrición de funcións do posto de traballo en relación coas tarefas que vai desenvolver nas medidas que se inclúan nos plans.

– Rexistro horario en que se inclúa o número de horas dedicadas á medida.

– Nómina do traballador.

– Xustificante do pagamento das correspondentes cargas sociais e retencións fiscais. Para iso, comprobaranse os documentos mencionados no artigo 14.3.f) da orde reguladora.

– Xustificante do pagamento da nómina.

c) Persoal propio de estrutura (no NIF da organización) dedicado ás tarefas de dirección, preparación e execución dos plans de produción e comercialización-Gastos do titular do proxecto.

Comprende as actividades relativas á supervisión e control realizadas polo persoal propio para a axeitada programación, desenvolvemento e, se for o caso, execución das medidas dos plans de produción e comercialización.

Subvencionabilidade. Para determinar a elixibilidade, aplicarase un importe de axuda máximo por hora, cun número máximo de horas por ano.

De acordo co establecido nos artigos 67.1.b) e 68.2 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, establécese un baremo estándar que se calculará partindo dun custo unitario por hora de traballo efectivo cun máximo de 1.720 horas para 12 meses, que se corresponden coa dedicación dun técnico a xornada completa.

Por tanto, poderase aplicar ata un máximo de 31 euros/hora acreditada para o persoal propio cun límite máximo de 860 horas anuais. Para cada un dos grupos de cotización, aplicarase o que corresponda de acordo coa súa base de cotización na súa categoría profesional, do réxime xeral da Seguridade Social e no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar.

Pista de auditoría:

– Memoria técnica ou acta de acordo aprobado pola xunta directiva da organización, que especifique o obxecto dos traballos que se van realizar, o tempo de execución e o custo.

– Nóminas do traballador.

– Documento acreditativo de cotización da Seguridade Social onde se verifique que a empresa obxecto de cotización é una organización de produtores ou asociación. Para iso comprobaranse os documentos mencionados no artigo 14.3.f) da orde reguladora.

– Xustificante do pagamento da nómina (transferencia bancaria ou verificación no sistema contable da entidade).

d) Conceptos excluídos dos custos directos de persoal.

Non se incluirán como custos directos de persoal os gastos de persoal directivo e administrativo, relacionado coas tarefas de xestión e administración xeral da organización, que corresponde con departamentos de carácter horizontal.

Entre eles, exclúense as actividades relacionadas con:

– Contabilidade.

– Administración.

– Nóminas.

– Contratación.

– Selección do persoal.

– Xurídico.

– Mantemento.

– Actividades realizadas por operarios (carga, descarga, etc).

Tipo 2. Outros custos directos relacionados coas medidas incluídas nos plans de produción e comercialización.

Refírense aos custos directos relacionados coas medidas establecidas nos plans de produción e comercialización, coa excepción dos custos directos de persoal.

Considéranse neste punto:

– Material, subministración e produtos semellantes.

– Equipamento e material instrumental de nova adquisición (maquinaria, ferramentas…).

– Outros gastos directos: gastos de preparación e deseño, material didáctico, información e publicidade, etc.

Exclúense como subvencionables os custos directos de persoal propio da organización que se produzan durante a realización de viaxes, desprazamentos e aloxamentos ou na adquisición de equipamento e material relativo ás medidas establecidas nos plans de produción e comercialización.

Subvencionabilidade. Será elixible o 100 % do custo real.

Pista de auditoría:

– Facturas detalladas.

– Memoria técnica, se é o caso.

Tipo 3. Custos indirectos.

Refírese aos custos que non están vencellados ou non poden vencellarse directamente cunha actividade subvencionada, por teren carácter estrutural, pero que resultan necesarios para a súa realización.

Calcularanse de acordo co establecido no artigo 68.1.b) do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, mediante unha porcentaxe a tipo fixo, empregando a seguinte fórmula:

Custos indirectos = 15 % × custos de persoal directo

Para poder realizar o cálculo, é importante ter en conta que o custo do salario do persoal subcontratado poderá ser considerado gasto de persoal, sempre que así veña desagregado na factura.

Tipoloxía:

– Gastos de oficina e administrativos.

– Aluguer de oficinas.

– Subministración e servizos básicos (auga, electricidade, calefacción, teléfono).

– Seguros.

– Seguridade.

– Gastos de mantemento de instalacións, limpeza, reparacións e mudanza.

– Mantemento de sistemas informáticos.

– Gastos bancarios de apertura e administración de contas.

Pista de auditoría.

Non precisan de xustificación xa que se calculan mediante unha porcentaxe a tipo fixo.

2. Gastos incluídos no artigo 9.6.c) relativos a gastos de convenios de colaboración con organismos científicos e outras entidades.

Deben concorrer as seguintes circunstancias:

a) Que todas as partes que o subscriben teñan interese común en levar a cabo un proxecto conxunto. Non existe ese interese común cando o interese dunha das partes consiste na realización do traballo e que este lle sexa sufragado (en todo ou parte) por enmarcarse na actividade propia da entidade.

b) O obxecto do convenio non consiste en prestacións e contraprestacións das partes nin no financiamento dun proxecto senón na súa realización, de tal xeito que todas as partes contribúen ao desenvolvemento do proxecto poñendo en común os datos, coñecementos e elementos persoais e materiais con que conten.

c) O proxecto debe xerar un resultado do cal se beneficien todas as partes colaboradoras e do que fagan ou poidan facer uso todas elas.

d) A xustificación dos gastos derivados do convenio farase mediante a presentación dunha conta xustificativa, que deberá incluír unha declaración de cada unha das actividades realizadas e o seu custo.

3. Gastos incluídos no artigo 9.6.d) relativos a obras, adquisicións de bens e subministracións correspondentes a medidas anteriormente aprobadas no plan de produción e comercialización.

No caso de obras ou adquisición de bens e subministracións que implique unha obra, deberá levantarse acta de non inicio realizada polos servizos da Consellería do Mar, a petición da organización profesional correspondente antes de comezala.

Os servizos da Consellería do Mar determinarán a pertinencia da petición, e levantarán a citada acta ou comunicarán por escrito que non é necesaria. No caso de non solicitar a devandita acta, a medida non será subvencionable.

4. Gastos incluídos no artigo 9.6.e) relativos a gastos de desprazamentos, aloxamento e manutención para a asistencia a feiras, congresos, cursos, reunións, xornadas ou eventos semellantes:

a) Só serán subvencionables os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención para un máximo de tres persoas da organización por actividade (só para persoal propio e socios).

b) A asistencia ou participación nalgún evento estará directamente relacionada coa execución dunha medida específica aprobada no plan de produción e comercialización.

c) Para a determinación da contía destes gastos terase en conta o disposto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, para o grupo 2 do anexo I, deste decreto.

d) Para a xustificación destes gastos presentarase a seguinte documentación:

– Liquidación individual dos gastos de desprazamento, aloxamento e manutención (axudas de custo), debidamente asinado polo presidente ou xerente da organización, que identifique para cada desprazamento a persoa ou persoas que o realizan e a súa relación con algunha ou algunhas das medidas do plan.

– Factura de transporte público empregado (avión, tren, autobús, etc.) e comprobantes do desprazamento realizado (tren, autobús) e tarxetas de embarque (avión).

– Cando con ocasión dos desprazamentos efectuados ao estranxeiro os gastos producidos veñan expresados en divisas, deberán fornecer a equivalencia do cambio oficial en unidade euro que corresponda á data en que se realice o gasto.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file