Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3777

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no terceiro cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaniero, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2016 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2017

Josefina Montegudo Romero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe

Data sinatura

Convenio de colaboración de voluntariado entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Ourense para desenvolver o programa de voluntariado Achégate no CHUO

Sen achega económica

8.6.2016

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Economía e Competitividade, o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e o Servizo Galego de Saúde para o proxecto Código 100

2.600.000,00 €

17.6.2016

Décimo acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Vigo e o Servizo Galego de Saúde, publicado pola Orde do 20 de decembro de 2001

63.930,50 €

1.7.2016

Décimo acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade da Coruña e o Servizo Galego de Saúde do 20 de decembro de 2001

911.868,08 €

1.7.2016

Décimo primeiro acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde, publicado pola Orde do 18 de xuño de 2001

3.898.263,97 €

1.7.2016

Acordo para a cesión de datos procedentes do conxunto mínimo básico de datos (CMBD) da Consellería de Sanidade e o Instituto Aragonés de Ciencias da Saúde para a súa utilización en dous proxectos de investigación

Sen achega económica

13.7.2016

Convenio de colaboración o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Josep Carreras para a loita contra a leucemia

727.000,00 €

29.7.2016

Convenio específico para o ano 2016 do Protocolo Xeral de colaboración subscrito o 1 de setembro de 1999 entre o Ministerio do Interior (Delegación do Goberno para o Plan nacional sobre drogras) e a Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

1.8.2016

Convenio de colaboración entre o Centro de Investigación Biomédica en Rede e a Consellería de Sanidade

Sen achega económica

17.8.2016

Acordo de coordinación entre a Consellería de Sanidade e a Consellería do Mar para a análise de biotoxinas dentro do control oficial de moluscos bivalvos

30.000,00 €

24.8.2016

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a entidade Philips Ibérica, S.A. para a participación na conmemoración do 25º aniversario das transferencias sanitarias á Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

24.8.2016

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a entidade Getinge Group Spain, S.L.U. para a participación na conmemoración do 25º aniversario das transferencias sanitarias á Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

24.8.2016

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a entidade Sociedade Concesionaria Novo Hospital de Vigo, S.A. para a participación na conmemoración do 25º aniversario das transferencias sanitarias á Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

24.8.2016

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a entidade Varian Medical Systems Ibérica, S.L. para a participación na conmemoración do 25º aniversario das transferencias sanitarias á Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

24.8.2016

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a entidade Karl Storz Endoscopia Ibérica, S.A. para a participación na conmemoración do 25º aniversario das transferencias sanitarias á Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

24.8.2016

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a entidade Hill-Rom Iberia, S.L.U. para a participación na conmemoración do 25º aniversario das transferencias sanitarias á Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

24.8.2016

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a entidade Galmédica, S.A. para a participación na conmemoración do 25º aniversario das transferencias sanitarias á Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

24.8.2016

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a entidade Severiano Servicio Móvil, S.A. para a participación na conmemoración do 25º aniversario das transferencias sanitarias á Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

24.8.2016

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a entidade Dräger Medical Hispania, S.A. para a participación na conmemoración do 25 aniversario das transferencias sanitarias á Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

24.8.2016

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Roche Farma, S.A. para a participación na conmemoración do 25º aniversario das transferencias sanitarias á Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

24.8.2016

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a entidade Schmitz u Söhne Ibérica, S.A. para a participación na conmemoración do 25º aniversario das transferencias sanitarias á Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

24.8.2016

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a entidade Siemens Healthcare, S.L.U. para a participación na conmemoración do 25º aniversario das transferencias sanitarias a Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

24.8.2016

Convenio de cooperación entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Outeiro de Rei no cal se establecen as bases para o desenvolvemento das obras de reforma no Centro de Saúde de Outeiro de Rei

30.077,00 €

2.9.2016

Acordo bilateral entre os centros de obtención de proxenitores hematopoéticos do Servicio Galego de Saúde e a Fundación Internacional Josep Carreras

Sen achega económica

7.9.2016

Acordo bilateral entre os centros de trasplante de proxenitores hematopoéticos do Servizo Galego de Saúde e a Fundación Internacional Josep Carreras

Sen achega económica

7.9.2016

Convenio de cooperación entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Ames para a execución das obras de construción do novo Centro de Saúde do Milladoiro

Sen achega económica

8.9.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Poio para a ampliación do Centro de Saúde Anafáns

Sen achega económica

16.9.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Doral Residencias Gestión Sociosanitarias, S.L. para a organización da prestación farmacéutica nos centros residenciais de maiores e discapacitados Doral Residencias

Sen achega económica

16.9.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Federación Galega de Asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (Fademga Plena Inclusión Galicia) para a realización de actividades de asesoramento e apoio na inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual no sistema sanitario público de Galicia

Sen achega económica

23.9.2016

Acordo entre o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a Comunidade Autónoma de Galicia para fixar as condicións da adquisición de vacinas de calendario e outras

Sen achega económica

28.9.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Federación Galega de Institucións para Síndrome Down (Down Galicia) para a realización de actividades de asesoramento e apoio na inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

10.10.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para o control aerobiolóxico de Galicia

174.240,00 €

24.10.2016

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Abbott Laboratories, S.A. para o fomento da calidade asistencial e eficiencia e a súa efectiva aplicación na organización sanitaria do Servizo Galego de Saúde

Sen achega económica

3.11.2016

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a entidade Indra para a participación na conmemoracion do 25º aniversario das transferencias sanitarias á Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

15.11.2016

Convenio de cooperación entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello da Illa de Arousa para a execución das obras de ampliación e reforma do Centro de Saúde da Illa de Arousa

Sen achega económica

15.11.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Galaria, a Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A. coa finalidade de pór á disposición de Galaria diverso equipamento tecnolóxico

Sen achega económica

15.11.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a realización de programas de atención e protección da saúde

3.979,799,92 €
1.019.736,62 € (2016)
2.960.063,3 € (2017)

24.11.2016

Acordo de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e a entidade Merck Sharp & Dohme de España, S.A. (MSD), para a participación no acto de celebración da entrega do Premio de investigación sobre VIH e outras ITS 2016, que concede a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia

Sen achega económica

24.11.2016

Acordo específico para o desenvolvemento específico de mellora continua para incrementar a calidade asitencial e eficiencia operativa das unidades asistenciais do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela

Sen achega económica

28.11.2016

Acordo específico para o desenvolvemento específico de mellora continua para incrementar a calidade asistencial e efeciencia operativa das unidades asistenciais do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Sen achega económica

28.11.2016

Addenda ao convenio de cooperación entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello da Rúa no cal se establecen as bases para o desenvolvemento da obra de instalación dun ascensor exterior no Centro de Saúde da Rúa

Sen achega económica

2.12.2016

Protocolo da Fiscalía da Comunidade Autónoma de Galicia sobre actuacións con menores estranxeiros non acompañados (Menas)

Sen achega económica

21.12.2016