Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2017 Páx. 3754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2017 pola que se anuncia a formalización do contrato mixto para a subministración e instalación de dous sistemas de almacenamento replicados, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e suxeito a regulación harmonizada.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2016-020.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: mixto, de subministracións.

b) Descrición do obxecto: contrato mixto para a subministración e instalación de dous sistemas de almacenamento replicados, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e suxeito a regulación harmonizada.

c) CPV: 30233132-5.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de la Unión Europea.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

1º. Diario Oficial de Galicia: 29.9.2016.

2º. Boletín Oficial del Estado: 5.10.2016.

3º. Diario Oficial de la Unión Europea: 24.9.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 540.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 540.000,00 €.

b) Importe total: 653.400,00 €.

6. Esta contratación está cofinanciada polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 2, prioridade de investimento 2.3. Reforzo das aplicacións TIC para a Administración electrónica, a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica; obxectivo 2.3.2. Reforzar o e-goberno, e-cultura e a confianza no ámbito dixital; e nun 20 %, con cargo a fondos propios.

O adxudicatario da contratación deberá someterse ás disposicións da Unión Europea: Regulamento (IU) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, e Regulamento (IU) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 28.11.2016.

b) Data de formalización do contrato: 26.12.2016.

c) Contratista: Telefónica Soluciones de Informática y Comunicaciones España, S.A.U.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 472.000,00 euros. Importe total: 571.120,00 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2017

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable