Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2017 Páx. 3752

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de mantemento, evolución e soporte especializado de diversos sistemas dependentes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (expediente 58/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de mantemento, evolución funcional e tecnoloxía, e soporte especializado de diversos sistemas de información vinculados á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en concreto:

• Sistema de xestión, elaboración e publicación do Diario Oficial de Galicia.

• Sistema integrado de xestión da Asesoría Xurídica.

• Sistema de xestión de convenios.

• Sistema de xestión de gabinetes.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 12.9.2016.

DOUE: 8.9.2016.

BOE: 20.9.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 241.920 €.

5. Orzamento base de licitación: 201.600 €, máis 42.336 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 243.936 € (douscentos corenta e tres mil novecentos trinta e seis euros).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 7.12.2016.

b) Data de formalización do contrato: 30.12.2016.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe de adxudicación: 226.512 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia