Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2017 Páx. 3684

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (380/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 380/2014 por instancia de Josefa Baña Fins contra a comunidade hereditaria de José Antonio Cuervo Somoza, sobre cantidade, nos cales se ditou a Sentenza do 19 de decembro de 2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Josefa Baña Fins contra a comunidade hereditaria de José Antonio Cuervo Somoza, e en consecuencia:

Condénase a comunidade hereditaria de José Antonio Cuervo Somoza a lle aboar a Josefa Baña Fins a cantidade de mil novecentos corenta e catro euros con sesenta e sete céntimos (1.944,67 euros); os conceptos salariais devindicarán os xuros moratorios do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á herdanza xacente de José Antonio Cuervo Somoza, expido e asino este edicto.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2017

A secretaria xudicial