Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2017 Páx. 3702

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

CÉDULA de citación (195/2016).

Execución de títulos xudiciais 195/2016

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 380/2015

Sobre despedimento

Demandante: Manuel María Lamas Calvo

Graduado social: José Benito Vidal Rey

Demandada: Pollos Albariza, S.L.

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 3.

Asunto en que se acorda: execución de títulos xudiciais 195/2016.

Persoa que se cita: Pollos Albariza, S.L., como parte demandada.

Obxecto da citación:

Asistir nesa condición á comparecencia. A estes actos concorrerá coas probas de que se intente valer e tamén, se a parte contraria o pide e o Tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer:

31 de xaneiro de 2017 ás 10.40 horas, na sala de vista número 3 sita na planta baixa do Edificio dos Xulgados, na rúa Berlín s/n. Polígono das Fontiñas.

Prevencións legais:

1º. A incomparecencia do executado, debidamente citado, non impedirá a celebración da comparecencia.

2º. Debe asistir á comparecencia con todos os medios de proba de que se intente valer (artigo 82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as representen e teñan facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que se deba someter ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

3º. En canto á proba documental solicitada pola executada deberá achegar os seguintes documentos:

Contrato de traballo do demandante.

Nóminas do demandante e recibos de salario correspondentes ao ano 2014 e 2015.

Vida laboral da demandada correspondente ao ano 2014 e 2015, actualizada.

Documentos de cotización TC1 e TC2 do mesmo período, así como partes de alta e baixa na Seguridade Social.

Carta de despedimento do demandante.

4º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5 parágrafo 1º da LAC); fáiselle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

5º. Tamén deberá comunicar, antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión da comparecencia.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2017

A secretaria xudicial