Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3588

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de nomeamento de persoal funcionario.

De conformidade co disposto no artigo 25 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, en relación co artigo 134.2 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 10 de abril, faise público, a proposta dos tribunais cualificadores das correspondentes probas selectivas da oferta de emprego público do ano 2010-2011, o nomeamento de funcionarios de carreira, para as seguintes prazas, a favor das persoas que a continuación se relacionan:

Persoal funcionario:

• Escala Administración xeral. Subescala técnica. Clase superior. Denominación: técnico/a de Administración xeral.

Beatriz Domínguez Pereira, con DNI nº *****447G, pola quenda libre.

• Escala Administración xeral. Subescala auxiliar. Denominación: auxiliar de Administración xeral.

Susana Pena García, con DNI nº *****838N e María Nieves García Folgueira, con DNI nº *****610Y, ambas as dúas pola quenda de promoción interna.

• Escala Administración especial. Subescala técnica. Clase media. Denominación: enxeñeiro/a técnico/a industrial.

Susana González Ramírez, con DNI nº *****427Y, pola quenda libre.

• Escala Administración especial. Subescala servizos especiais. Clase cometidos especiais. Denominación: alguacil.

Julio Manuel Yáñez Rodríguez, con DNI nº *****496H, pola quenda de promoción interna.

Vigo, 3 de xaneiro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
Javier Pardo Espiñeira
Concelleiro delegado de Xestión Municipal e Persoal