Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3589

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Acolle, S. Coop. Galega en liquidación

ANUNCIO de liquidación.

Celina Rey Diéguez, como liquidadora de Acolle, S.C.G., certifica que o 29 de decembro de 2014 a Asemblea Xeral extraordinaria de Acolle, S.C.G. acordou a liquidación e disolución da entidade e o nomeamento de liquidadores. Os liquidadores nomeados procederon á preparación do balance de liquidación e á adxudicación das partidas. Así mesmo, o órgano de intervención censurou o balance final de liquidación e a proposta de distribución do activo, e emitiu un informe positivo sobre estes, que quedan como se detalla:

Tesouraría: 12.242,12 €.

Total do activo: 12.242,12 €.

Capital: 3.200 €.

Reservas: 13.321,44 €.

Resultados ex. anteriores: 530,08 €.

Resultado do exercicio: 4.809,40 €.

Total do pasivo: 12.242,12 €.

Proposta de distribución: ao Consello Galego de Cooperativas 5.567,89 €; o resto do haber social, 6.674,23 €, devolveráselles aos socios na mesma proporción que a súa participación no capital.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2016

Celina Rey Diéguez (76927324Y)
Laura González Nieves (35471828D)
Paulo Naseiro Ramudo (76571834G)
Liquidadores