Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3574

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (O-12/2016).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: O-12/2016.

2. Obxecto do contrato: obras de separata do proxecto modificado número 1 do proxecto de urbanización do Parque Ofimático sector 10, que fomente o emprego social e de calidade, a execución de medidas de respecto ambiental e a igualdade entre homes e mulleres.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: 4.319.423,70 € anuais (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: grupo G, subgrupo 3, categoría 3 e grupo I, subgrupo 3, categoría 4.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: 30 de xaneiro de 2017. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 26 de decembro de 2016

O alcalde
(Decreto de delegación do 15.6.2015)
María Eugenia Vieito Blanco
Concelleira responsable de Facenda e Administración