Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3573

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (As-72/2016).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: As-72/2016.

2. Obxecto do contrato: servizo de coordinación de seguridade e/ou supervisión técnica da seguridade e saúde das obras inferiores a 600.000 euros, así como dos contratos de mantemento do servizo de infraestruturas nos que se realicen obras de construción e os contratos de mantemento dos edificios municipais. Duración: dous anos prorrogables por dous máis.

3. Tramitación: anticipada. Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: 145.200 euros anuais (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata o día 24 de xaneiro de 2017. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións económicas: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 26 de decembro de 2016

P.D. (Decreto do 7.12.2016)
Mª Eugenia Vieito Blanco
Concelleira responsable de Facenda e Administración