Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3498

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se resolve a convocatoria para a provisión de diversas prazas de supervisor/a de unidade da dita xerencia (convocada por Resolución do 9 de xuño de 2016, Diario Oficial de Galicia número 123, do 30 de xuño).

Unha vez convocada mediante Resolución do 9 de xuño de 2016 (DOG nº 123, do 30 de xuño) a provisión de diversas prazas de supervisor/a de unidade da Xerencia de Xestión de Integrada de Santiago de Compostela e en virtude do establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para o provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e polo Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de diversas prazas de supervisor/a de unidade da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, convocada por Resolución do 9 de xuño de 2016 (DOG nº 123, do 30 de xuño).

Segundo. Nomear para os postos que se indican as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base décima da convocatoria, o candidato nomeado será avaliado, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O aspirante seleccionado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución do Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, nos termos establecidos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2016

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

ANEXO

Posto: supervisora da Unidade de Traumatoloxía-Hospital Clínico.

Apelidos e nome: Ageitos Rodríguez, Avelina.

DNI(*): *****555E.

Posto: supervisora da Unidade de Cirurxía Xeral e Dixestiva-Hospital Clinico.

Apelidos e nome: Midón López, María Sol.

DNI(*): *****451N.

Posto: supervisora da Unidade de Obstetricia e Xinecoloxía-Hospital Clínico.

Apelidos e nome: Oca Abelleira, Susana.

DNI(*): *****218R.

Posto: supervisor da Unidade de Reanimación-Hospital Clínico.

Apelidos e nome: Vázquez Cardoso, Santiago.

DNI(*): *****665M.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.