Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2017 Páx. 3367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de decembro de 2016 pola que se notifica a imposición dunha segunda multa coercitiva, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición (expediente PON/361/2014).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 3 de novembro de 2016, unha resolución pola que se lle impón unha segunda multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número PON/361/2014 a Francisco José Llevot Sánchez e Rosa María Rodrigues Caldas como consecuencia de incumpriren o ordenado na Resolución do 21 de xullo de 2015, que ordenaba a demolición das obras de rehabilitación e ampliación dunha edificación tradicional consistentes nun engadido dunha terraza cuberta na fronte e nun dos laterais, de 48 m2 de superficie cunha altura de 2,40 metros, promovidas polos interesados, na parcela 344, do polígono 131, con referencia catastral 36042A131003440001MP, en Chan da Gándara, Padróns, no termo municipal de Ponteareas, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento do artigo 61 da LRXPAC, os interesados poderán comparecer, no prazo de dez (10) dias hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da dita resolución e constancia del tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo sen efectuaren a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel no que se produciu a notificación, perante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolles que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da que este acordo é un mero acto de execución.

No caso de que non exerzan o seu dereito a presentaren recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, perante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se situe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1 regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística