Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2017 Páx. 3312

III. Outras disposicións

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2017 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre de 2016.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación de convenios subscritos pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2017

Sonia Martínez Arca
Xerente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

ANEXO

Convenio

Importe económico

Data da sinatura

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e AstraZeneca Farmacéutica Spain, S.A., para a realización da actividade formativa «Mellora da calidade de rexistro en IANUS-AP».

3.500,00 €

3.10.2016