Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2017 Páx. 3359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se fai pública a Resolución do 23 de decembro de 2016, de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 527 do polígono 4 da concentración parcelaria de San Pedro de Borrifáns, do termo municipal de Oza-Cesuras.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña autorizou, mediante a Resolución do 23 de decembro de 2016, o cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 527 do polígono 4 da concentración parcelaria de San Pedro de Borrifáns, do termo municipal de Oza-Cesuras.

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 15.11.2016. O anuncio foi publicado no DOG núm. 233, do 7 de decembro.

A Coruña, 4 de xaneiro de 2017

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña