Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2017 Páx. 3357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilamarín (expediente IN407A 2016/270-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica José Matanza García, S.L.

Domicilio social: lg. Casares, 11, 27520 Carballedo.

Denominación: ampliación CT, RBT Toldavia.

Situación: Vilamarín.

Características técnicas:

– Substitución do actual transformador de 75 kVA (expediente nº 2217-AT) por un novo CT en Toldavia, intemperie de 160 kVA con R/T 20.000/400-230 V.

– RBT Toldavia. Reforzo tramo CT/apoio nº 3, cond. RZ 3×95 AL (51 m), e treito apoios 18/19, en cond. 3×25 AL (21 m). Instalación dun novo apoio nº 1, próximo ao centro de transformación.

Orzamento: 7.313 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 13 de decembro de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense