Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2017 Páx. 3338

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 138/2015).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 138/2015 deste xulgado do social, seguido a instancia de Sandra Duarte Bassols contra SS Fernández Concesionario, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Sentenza: 348/2016

Procedemento ordinario 138/2015

Sobre ordinario

Demandante: Sandra Duarte Bassols

Avogada: Marisol Romero Salgado

Demandados: SS Fernández Concesionario, S.L., Fogasa

Avogado/a: Fogasa

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2016.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 138/2015, en que son parte, como demandante, Sandra Duarte Bassols, asistida pola letrada Sra. Romero Salgado, e como demandada, a empresa SS Fernández Concesionario, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome da súa maxestade o rei, con base nos seguintes:

Resolución:

Estímase a demanda interposta por Sandra Duarte Bassols fronte a SS Fernández Concesionario, S.L. e, en consecuencia, condénase a parte demandada a aboar á demandante a cantidade de 14.796,28 euros, dos cales o importe de 7.256,54 euros devindicará os xuros do artigo 29.3 do ET por demora, sen prexuízo da responsabilidade, se é o caso, do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiaria do réxime público da Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na conta de depósitos e consignacións, aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a SS Fernández Concesionario, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza