De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-CO-1237/2016-PPM e tres máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.
A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sita na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
A persoa interesada dispón dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 do Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.
A Coruña, 30 de decembro de 2016
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PSC-CO-1237/2016-PPM.
Persoa interesada: Juan Pouso Suárez.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: camiño da Auga, 51, Castiñeiras, Ribeira.
Expediente: PSC-CO-1264/2016-PPM.
Persoa interesada: Miguel Borja Jiménez.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: O Portiño, 30, baixo, A Coruña.
Expediente: PSC-CO-1283/2016-PPM.
Persoa interesada: Mioara Nicoleta Preda.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: rúa 9 de agosto, 73, Ribeira.
Expediente: PSC-CO-1341/2016-PPM.
Persoa interesada: José Roberto Horjales Varela.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: San Mateo, 9, Narón.