De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0792/2016-PPM e tres máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c) da mesma lei.
A Coruña, 30 de decembro de 2016
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PSC-CO-0792/2016-PPM.
Persoa interesada: Agustín Alexis Grafiña Granda.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: Oliveira de Abaixo, 49, Teis, Vigo.
Expediente: PSC-CO-0802/2016-PPM.
Persoa interesada: Francisco Daniel Iglesias Esteban.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: rúa Manuel Díaz, 4, 2º C, A Coruña.
Expediente: PSC-CO-0815/2016-PPM.
Persoa interesada: Benjamín Maneiro Santos.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: avenida Santa Irene, 12, Porto do Son.
Expediente: PSC-CO-0854/2016-PRE.
Persoa interesada: Manuel Ramón Lago Lago.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: lugar San Francisco, Louro, Muros.