Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2017 Páx. 2979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 4 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente de subvención para o fomento do acceso á condición de persoa socia de cooperativas ou de sociedades laborais TR802J-15-028-16.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado ao interesado citado no anexo, sen que fose posible, polo que se lle notifica por medio deste anuncio a resolución recaída no correspondente expediente.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

O interesado dispón do prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa ou do prazo dun mes para interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, de A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 4 de xaneiro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

1. Expediente: TR802J-15-028-16.

Resolución declarativa da desistencia da solicitude.

Solicitante: Antonio Bello Ribadas.

NIF: 44811605S.

Concello: Brión.

Materia: subvención para o fomento do acceso á condición de persoa socia de cooperativas ou sociedades laborais.

Data resolución: 9 de decembro de 2016.