Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2017 Páx. 2981

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 2 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia.

As resolucións obxecto de notificación ditounas o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación do conselleiro, e teñen por obxecto a paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos).

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A notificación da resolución poderá recollerse na sede da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sita en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar; entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen que se produza a comparecencia, a notificación entenderase efectuada a partir do día seguinte ao último día do prazo fixado.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2017

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

– Persoas interesadas:

Carlos Atanes Gómez.

Manuel Javier Gónzalez Porto.

María Dolores Oviedo Hermida.

Montserrat Couso Boán.

Nestor Fabiám Ferreiro Caldas.

Mercedes Pedreira Gende.

María José Rey Fernández.