Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2017 Páx. 2963

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, para a contratación do servizo consistente na redacción do proxecto básico e de execución (incluído o estudo de seguridade e saúde) das obras de restauración e mellora da envolvente térmica dos edificios do Complexo Administrativo de San Caetano, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe EP4, prioridade 4c, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto e con pluralidade de criterios.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfonos: información de índole técnica: 881 99 96 18/981 54 42 85 e información de índole administrativa: 981 95 73 49/981 54 45 17.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correos electrónicos:

contratación.vicepresidencia@xunta.gal

natalia.lobato.mosquera@xunta.gal

manuel.perez.gonzalez@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=94020

8º. Data límite de obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de solicitudes.

d) Número do expediente: 2017 - SESE 02 - Lp.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo consistente na redacción do proxecto básico e de execución (incluído o estudo de seguridade e saúde) das obras de restauración e mellora da envolvente térmica dos edificios do Complexo Administrativo de San Caetano.

c) División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non leva lotes.

d) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

e) Prazo de execución: o indicado na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV:

71200000-0. Servizos de arquitectura e servizos conexos.

71210000-3. Servizos de asesoramento en arquitectura.

71221000-3. Servizos de arquitectura para edificios.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na letra J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 123.966,94 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 123.966,94 €.

Importe total: 150.000,00 €, IVE incluído.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e finalizará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, salvo que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos y anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data da apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: a sala onde se vaia realizar indicarase no perfil do contratante unha vez publicado este anuncio.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: o primeiro acto público, apertura do sobre B «Documentación relativa aos criterios de adxudicación non avaliables automaticamente» terá lugar, ás 12.30 horas, o décimo día natural seguinte ao da data de finalización do prazo de presentación das proposicións; de coincidir sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

O lugar, día e hora do segundo acto público, «Lectura e avaliación do sobre B» e da apertura do sobre C «Documentación relativa aos criterios de adxudicación avaliables de forma automática», indicaranse oportunamente no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza