De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 29/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de examinar a solicitude de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia presentada de xeito individual polo outro membro da parella, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas o emprazamento para o trámite de audiencia co fin de proceder á oportuna resolución definitiva do expediente, de acordo co previsto no artigo 23.3 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, na súa redacción dada polo Decreto 146/2014, do 13 de novembro. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, para que poidan consultalos e formular as alegacións e xustificacións que consideren oportunas, durante un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución.
Unha vez transcorrido este prazo, e á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.
A Coruña, 14 de decembro de 2016
María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
Nome e apelidos |
NIF/NIE/pasaporte |
AC-2012/00054 |
Mártir Ignacio Ortega Sosa |
54156108D |
AC-2014/00557 |
Mourad Ain Lalane |
03542653 |