Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2017 Páx. 2742

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

AUTO aclaratorio (DSP 672/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 672/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Regueiro Rodríguez contra Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., Patrimonial Feranpe, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Integral Motion Assistance, S.L., Talleres J&M Fernández, S.L., Global Automoción, S.L., Compostela Concesionario, S.L., José Luis Fernández Rodríguez, Compostela Automotriz, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Marcelino Fernández Rodríguez, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Auto.

Maxistrado xuíz: Javier Fraga Mandián.

En Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2016.

(…)

Parte dispositiva.

Dispoño:

1. Aclarar a sentencia ditada con data do 26 de xullo de 2016, no senso de aclarar que en todos os casos en que a dita resolución se refire ao demandante como José Regueiro Regueiro debe dicir José Regueiro Rodríguez.

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos.

Notifíquese as partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso os profesionais designados, sinalarán un enderezo e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O enderezo e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacions neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Igualmente, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo empregados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpoñer ningún recurso distinto ao que, de ser o caso, se poida interpor fronte á resolución aclarada.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucions que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza