Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2017 Páx. 2254

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de ampliación dos usos dotacionais autorizados na reserva de equipamento DOC-28 (Escola Unitaria de San Marcos).

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 17 de novembro de 2016, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

Ao abeiro do previsto polo artigo 42.5 da LSG, ampliar os usos permitidos na reserva de equipamento DOC-28 (Escola Unitaria de San Marcos), a fin de permitir, ademais do docente asignado polo vixente Plan xeral, os seguintes: asistencial, administrativo e sociocultural, que poderán desenvolverse de forma exclusiva ou compartida.

Contra este acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2016

Martiño Noriega Sánchez
Alcalde