Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2017 Páx. 2192

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5263/2014).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5263/2014 desta sección, seguido por instancia de Campus na Nube, S.L. (antes Tórculo Artes Gráficas, S.A.), Tórculo Artes Gráficas, S.A. contra o Fogasa, Randstad Empleo ETT, S.A. subrogada Laboram-antes Vedior, Unidixital, S.L., Patricia Iglesias Bermúdez, admón. concursal (Fotocopias Maxin, S.L.U.) Sra. Sierra Domínguez, Fotocopias Maxim, S.L.U., sobre despedimento disciplinario, a Sala do Social do Tribunal Supremo ditou o 13.9.2016 a seguinte resolución:

«Declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Manuel Lobato Iglesias, en nome e representación de Tórculo Artes Gráficas, S.A. e Campus na Nube, S.L. contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 14 de abril de 2015, no recurso de suplicación número 5263/2014, interposto por Tórculo Artes Gráficas, S.L. fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela o 25 de abril de 2014, no procedemento número 914/2013 seguido por instancia de Patricia Iglesias Bermúdez contra Fotocopias Maxin, S.L.U. (declarada en concurso, sendo nomeada administradora concursal María Sierra Domínguez) Unidixital, S.L. Tórculo Artes Gráficas, S.A. e Campus na Nube, S.L. e Randstad Empleo ETT, S.A. e o Fogasa, sobre despedimento.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, con imposición das custas á parte recorrente e perda do depósito constituído, dándose á consignación efectuada o destino legal.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fotocopias Maxim, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza