Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2017 Páx. 2201

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 299/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de seguridade social 299/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo (mutua colaboradora coa S.S. nº 201), contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Mancomunidade de Municipios Andevalo-Minero T Empleo-Casa Huéspedes, Mancomunidade de Municipios Andevalo-Minero, T Emprego-El Malacate, La Zarza, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, foi ditada a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: Seguridade Social 299/2014.

Demandante: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Letrada: Sra. Fontán Paradera.

Demandados:

– INSS e TXSS

Letrada: Sra. Regueira Rodríguez.

– Mancomunidade de Municipios Andevalo-Minero T Empleo El Malacate, La Zarza

– Mancomunidade de Municipios Andevalo-Minero T Empleo Casa Huéspedes.

Sentenza nº 629/16

A Coruña, 16 de decembro de 2016

Decido:

– Desestimar a demanda formulada pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o INSS, TXSS, Mancomunidade de Municipios Andevalo-Minero T Empleo El Malacate, La Zarza e Mancomunidade de Municipios Andevalo-Minero T Empleo Casa Huéspedes e, en consecuencia, absólvoos de todo pedimento dirixido contra eles.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase, igualmente, ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.»

E para que sirva de notificación en legal forma a Mancomunidade de Municipios Andevalo-Minero T Empleo-Casa Huéspedes, Mancomunidade de Municipios Andevalo-Minero, T Empleo-El Malacate, La Zarza, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza