Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2017 Páx. 1992

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 1022/2012).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento seguridade social 1022/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Castiñeiras Delgado contra Servizo Público de Emprego Estatal e Jesús Javier Barrio Ibáñez, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo que estimando integramente a demanda interposta por Ramón Castiñeiras Delgado contra o Servizo Público de Emprego Estatal e contra Jesús Javier Barrio Ibáñez, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a prestación por desemprego na contía resultante de aplicar unha base reguladora diaria de 62,43 euros, e condeno os demandados a que así o recoñezan, acaten e aboen, declarando a responsabilidade directa da mercantil Jesús Javier Barrio Ibáñez polas diferenzas existentes entre a prestación a que ten dereito o demandante conforme unha base reguladora de 62,43 euros diarios e a inicialmente recoñecida polo SPEE (de 42,30 euros diarios), por infracotización, con obriga de anticipo por parte do Servizo Público de Emprego Estatal, sen prexuízo das accións de repetición que poidan corresponder ao SPEE fronte a Jesús Javier Barrio Ibáñez.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Jesús Javier Barrio Ibáñez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza