De conformidade co disposto no artigo 9 das bases reguladoras, procédese á publicación da concesión dos Premios Smart Commerce de Galicia 2016, convocados pola Orde do 3 de xuño de 2016 (Diario Oficial de Galicia do 21 de xuño), que figura no anexo a esta resolución.
Norma reguladora: Orde do 3 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Smart Commerce de Galicia 2016 (código de procedemento IN214C).
Finalidade da subvención: Premios Smart Commerce de Galicia 2016.
Crédito orzamentario: 8.500 €.
Aplicación orzamentaria: 09.30.751A.480.0.
Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2017
Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio e Consumo
Anexo I
– Premio Smart Commerce Galicia, cunha contía de 2.000 euros, na cal se incluirá o premio correspondente á provincia:
Lily and White (The White Tree Organic Skin Care, S.L.).
– Premio Smart-Commerce Provincial, cunha contía de 1.500 euros por provincia:
A Coruña: Lily and White (The White Tree Organic Skin Care, S.L.).
Lugo: Serra Alimentación (Serra Castroverde, S.L.).
Ourense: Cientosiete (Gircuri, S.L.).
Pontevedra: Krack Zapaterías (Krack Zapaterías, S.L.).
– Premio E-Commerce, cunha contía de 1.000 euros:
Xiro Atlantic Denim (Xulián Chapela García).
– Premio Social-Commerce, cunha contía de 1.000 euros:
Carla López Bags (Suatex Diseño, S.L.).