Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2017 Páx. 1977

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada

EDICTO (150/2016).

Matías Recio Juárez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada, fai saber que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, por medio deste edicto notifícase en forma a sentenza ditada nos presentes autos ás partes demandadas José Vázquez Vinseiro e herdeiros ignorados, e transcríbese a seguir, co teor literal seguinte:

Sentenza.

A Estrada, 21 de novembro de 2016.

Vistos por min, Alejandra Iglesias Cereijo, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada, os autos do xuízo verbal 150/2016, iniciado por instancia de Jesús Ángel García Sanmartín, representado pola procuradora dos tribunais Magdalena Méndez-Benegassi Gamallo e asistido da letrada Dolores Canabal Fandiño, contra José Vázquez Vinseiro e herdeiros ignorados e descoñecidos.

Resolución estímase a demanda presentada por Jesús Ángel García Sanmartín, representado pola procuradora Sra. Méndez-Benegassi Gamallo, contra José Vázquez Vinseiro e contra os seus herdeiros ignorados, descoñecidos e incertos, declarados en situación de rebeldía procesual.

Condénase a parte demandada a outorgar escritura pública de compravenda, a favor de Jesús Ángel García Sanmartín, dos predios descritos no punto expositivo primeiro da demanda, de acordo co documento privado subscrito polas partes con data 20 de decembro de 1977, ante calquera dos notarios da localidade.

Impóñenselle as custas á parte demandada.

Notifíquese ás partes a presente resolución con indicación de que non é firme e pode presentarse recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así o acordo, mando e asino.

E ao estar o demandado, José Vázquez Vinseiro e herdeiros ignorados e descoñecidos, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

A Estrada, 22 de novembro de 2016

O letrado da Administración de xustiza