Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2017 Páx. 1524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2016 pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipado de gasto non suxeito a regulación harmonizada, do acordo marco cun único empresario do servizo para a impresión, personalización e subministración de títulos de certificados de profesionalidade desta consellería (expediente 4/2016 DXOPL).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Proxectos e Obras.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Proxectos e Obras.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfonos: 981 54 01 13/981 54 29 99.

4º. Fax: 981 54 01 18.

5º. Correo electrónico: contratosareaemprego@xunta.gal

6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 4/2016 DXOPL.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para a impresión, personalización e subministración de títulos de certificados de profesionalidade para a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: na localidade de Santiago de Compostela, no lugar designado para os efectos pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

e) Prazo de execución/entrega: o sinalado nas cláusulas 2.4 e 2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

f) Admisión de prórroga: si, por un prazo non superior ao fixado orixinariamente.

g) Establecemento dun acordo marco: si.

h) Nomenclatura CPV (vocabulario común de contratos públicos): 79800000-2 Servizos de impresión e servizos conexos.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver cláusula 6 do PCAP.

4. Orzamento base de licitación: cento quince mil seiscentos quince euros con cincuenta céntimos (115.615,50 €), IVE incluído, distribuído do seguinte xeito:

Ano 2017: 66.150,00 + 13.891,50 (IVE 21 %) = 80.041,50 €.

Ano 2018: 29.400,00 + 6.174,00 (IVE 21 %) = 35.574,00 €.

5. Valor estimado do contrato: cento oitenta e nove mil seiscentos trinta euros (189.630 €), incluídas as posibles modificacións e a prórroga (excluído o imposto sobre o valor engadido).

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación do contrato derivado, excluído o IVE, constituída ante a Caixa Xeral de Depósitos.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo M, subgrupo 4, categoría 1 (categoría equivalente A).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver cláusula 8.1.1.e) e f), respectivamente, do PCAP.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, non sendo que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), e deberá ir dirixida á Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Proxectos e Obras da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situada no Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela. Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo, segundo o establecido na cláusula 5.2 do PCAP.

c) Documentación que deben presentar: a sinalada no PCAP.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición:

Apertura do sobre A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura do sobre C: apertura en acto público da documentación relativa aos criterios avaliables de forma automática mediante a aplicación de fórmulas.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura do sobre C.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=93966

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2016

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía,
Emprego e Industria