Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2017 Páx. 1268

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO da oferta de emprego público de 2016.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 19 de decembro de 2016, aprobou por delegación da Alcaldía (Decreto do 18 de xuño de 2015) a oferta de emprego público de 2016 do Concello de Monforte de Lemos, de acordo coa normativa para o efecto.

Segundo o disposto no artigo 128 do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e no artigo 2014 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, procédese á publicación da oferta de emprego público do exercicio de 2016, constituída polas seguintes prazas:

A) persoal funcionario:

Corpo

Escala

Categoría

Vacantes

Grupo

Policía local

Básica

Oficial (*)

1

C1

Policía local

Básica

Policía

1

C1

Denominación

Subescala

Enxeñeiro técnico industrial

Administración especial

Técnica

1

A2

(*) Promoción interna

B) persoal laboral:

Área ou servizo

Denominación

Vacantes

Titulación

Medio Ambiente

Peón

2

Certificado de escolaridade

Servizos

Auxiliar electricista

1

Certificado de escolaridade

Servizos Sociais

Técnico de grao superior

1

Licenciado/a en Psicoloxía, Pedagoxía ou Psicopedagoxía

Educación

Subalterno

1

Certificado de escolaridade

Conservatorio

Profesor de música

4 (*)

Diplomado ou equivalente

(*) Violín, saxo, percusión e vento-metal

Monforte de Lemos, 21 de decembro de 2016

José Tomé Roca
Alcalde