Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2017 Páx. 1265

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2016 pola que se convoca concurso, polo procedemento aberto, para a contratación do servizo de inserción de publicidade para as campañas informativas e de promoción da doazón de sangue (contratación documentalmente simplificada).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa da Axencia.

c) Número de expediente: AB-ASOT-16-002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de inserción de publicidade para as campañas informativas e de promoción da doazón de sangue da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: os indicados no seu momento pola Dirección da Axencia.

d) Prazo de execución: 12 meses desde a data de sinatura do contrato.

e) Duración del contrato: 12 meses desde a data de sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os múltiples criterios contidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación. Total contratación: 150.000,00 €, IVE non incluído.

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

b) Domicilio: avenida Monte da Condesa, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15705.

d) Teléfono: 881 54 69 00.

e) Telefax: 981 59 31 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte o da publicación no DOG. No caso de que ese día coincida en sábado ou día inhábil na localidade da entidade adxudicadora, este prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (sala de xuntas).

b) Enderezo: avenida Monte da Condesa, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15705.

d) Data e hora: as indicadas no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: si, por conta do adxudicatario. Véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Autónomas: 21 de decembro de 2016.

13. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos:

– Perfil do contratante: www.sergas.es

– Plataforma de contratación pública de Galicia: www.contratosdegalicia.es

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2016

María Luisa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos