Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2017 Páx. 1232

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica da revisión do Plan parcial SAUI-1 O Acevedo, concello de Cerceda.

Faise pública a Resolución do 21 de decembro de 2016 pola que se formula a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica da revisión do Plan parcial SAUI-1 O Acevedo, concello de Cerceda, en cumprimento do disposto na devandita resolución.

O proceso de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, está integrado no procedemento de aprobación dos instrumentos de planeamento urbanístico segundo o disposto na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

A memoria ambiental pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código 0380/2007.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2016

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático