Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2017 Páx. 979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 28 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN661A 2014/1-1, nos concellos de Malpica de Bergantiños e Ponteceso.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Repotenciación parque eólico Malpica, nos concellos de Malpica de Bergantiños e Ponteceso (expediente IN661A 2014/1-1), acto que terá lugar sobre o terreo segundo o calendario e os datos que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 28 de decembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2014/1-1.

Entidade beneficiaria: Parque Eólico de Malpica, S.A. (Pemalsa).

Denominación da instalación: Repotenciación parque eólico Malpica.

Concellos: Malpica de Bergantiños e Ponteceso.

Predios

Concello

Titular proposto

Incidencia

Data

Hora

38 e 39

Malpica de Bergantiños

Nosa Sensera, S.L.

Notificación infrutuosa

10.1.2017

11.00