Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2017 Páx. 977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 22 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican varios expedientes sancionadores por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia (expediente PO 30/2016 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 44.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non fose posible practicar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa publicación no boletín oficial da Comunidade Autónoma é facultativa.

Polo anterior, e despois de tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse os interesados que constan no anexo polo presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de 15 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo (Pontevedra), para o coñecemento íntegro e constancia do acto notificado. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Conforme o previsto no artigo 19.1 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, as propostas de resolución dispoñen dun prazo de 15 días para que se formulen alegacións e se presenten os documentos e informes que se consideren oportunos.

Conforme o artigo 114 da Lei 39/2015, as resolucións notificadas son definitivas en vía administrativa, polo que cabe interpoñer, conforme o artigo 123 da LPACAP, recurso potestativo de reposición ante o xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, dentro do prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administratrivo na orde xurisdicional correspondente. Conforme o artigo 124 da LPACAP, transcorrido o prazo anterior, só se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo e a resolución será inmediatamente executiva, segundo o previsto no artigo 90.3 da LPACAP.

Vigo, 22 de decembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado

(comercio)

Expediente

Acto

Concello

World Wide Trade Enterprise, S.L.U.

PO-30/2016

Proposta de resolución

Vigo

Tienda Krack Outlet Tui

PO 12/2016

Proposta de resolución

Tui

E-Moda Náutica España, S.L.

PO 41/2016

Proposta de resolución

Vigo

E-Moda Náutica España, S.L.

PO 49/2016

Proposta de resolución

Sanxenxo

Rks Footwear, S.L.

PO 18/2016

Resolución

Vigo

Alejandro Costas Fernández

PO 115/2016

Resolución

Vigo