Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2017 Páx. 704

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1906/2016).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1906/2016

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 168/2013, Xulgado do Social número 3 da Coruña

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Avogada: Sonsoles María Sueiro Lemus

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Grúas y Basculantes Beiras, S.L.

Avogado/a: servizo xurídico da Seguridade Social

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 1906/2016 desta sección, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Grúas y Basculantes Beiras, S.L., sobre outros dereitos seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

«Desestimando o recurso de suplicación interposto pola mutua colaboradora da Seguridade Social galega contra a Sentenza do 15 de xaneiro de 2016 do Xulgado do Social número 3 da Coruña, ditada en xuízo seguido por instancia da recorrente contra a entidade mercantil Grúas y Basculantes Beiras, Sociedad Limitada, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a sala decláraa firme.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma a Grúas y Basculantes Beiras, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido no lugar da Xira, nave 2, Sigrás, Cambre (A Coruña), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 28 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza