Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2017 Páx. 449

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (72/2016).

Eu, Carmen Fernández Santiago, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Intrución número 3 de Vilagarcía de Arousa, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Celia de Deus Ramos Guerreiro Henriques fronte a Ernesto Manuel Gonçalves Pereira se ditou sentenza, cuxa decisión é o seguinte:

Sentenza número 135/2016.

«Decido:

Que debo acordar e acordo a adopción das seguintes medidas:

1. Atribúese a garda e custodia, do fillo menor da parella á nai, permanecendo compartida entre ambos os dous proxenitores a patria potestade.

2. En concepto de pensión alimenticia para o fillo da parella, o seu pai ingresará por mensualidades anticipadas dentro dos cinco primeiros días de cada mes, na conta que a demandante determine para estes efectos, a cantidade de cento cincuenta euros (150 euros), cantidade que anualmente se modificará en función do incremento do índice xeral de prezos ao consumo que publica o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que no futuro poida substituílo e, no caso de que este sexa inferior ao xuro legal dese momento, a variación da pensión farase incrementando co índice que se corresponde co interese legal do diñeiro.

3. Todos os gastos extraordinarios relacionados co menor: gastos médicos non cubertos pola Seguridade Social, e os relativos á educación e instrución desta ou/e outros de tal natureza (os gastos de colexio, libros e material escolar que non reciban subvención oficial, saídas e viaxes escolares) serán sufragados por ambos os dous proxenitores ao 50 %. As actividades escolares que os menores realicen serán aboadas a medias, sempre que ambos os dous proxenitores se mostran conformes coa realización destas. Pero no caso de que se realice unha soa actividade extraescolar, ou/e que o orientador escolar ou titor do centro escolar considere necesario a asistencia dos menores a unhas clases de reforzo educativo, esta/as serán sempre sufragadas por metade entre ambos os dous proxenitores. O aboamento destas cantidades en concepto de gastos extraordinarios será efectuado polo proxenitor non custodio na mesma conta na que se realizarán os ingresos por concepto de pensión alimenticia. A obrigación de efectuar estes ingresos xerarase a condición de que se adecuen ás anteriores circunstancias e se comunique previamente a necesidade de efectuar o correspondente gasto extraordinario. No caso de que este gasto se poida facer en cotas ou xornal, o ingreso que correspondese efectuarase ao mesmo tempo que o de pensión alimenticia.

Non se aprecian méritos bastantes para efectuar unha especial imposición das custas procesuais.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación. A presente resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días ante este mesmo xulgado.

Acórdao, manda e asina Carmen Miranda Vieites, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa e o seu partido».

E atopándose o devandito demandado, Ernesto Manuel Gonçalves Pereira en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vilagarcía de Arousa, 29 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza